sábado, 1 de xuño de 2024

PDI 3ºA e 3ºB

 

Os alumnos/as de terceiro do edificio da Lomba realizaron diferentes actividades relacionadas co PDI Son Ría ó longo deste curso.

Comezaron en setembro participando na XII Limpeza Simultánea de Praias. Todos xuntos desprazáronse ata a praia de Compostela onde recolleron unha grande cantidade de lixo. Non imaxinades a cantidade de cabichas que recolleron! 





Nas áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais investigaron sobre a súa localidade, prestando atención á ría de Arousa e as súas características.Coa información obtida, realizaron un ficheiro de animais vertebrados e invertebrados e diferentes traballos sobre os animais máis significativos. Gracias a Google Maps realizaron un paseo interactivo por toda a nosa ría e as illas que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

En Lingua en Lengua leron contos, artigos de prensa, lendas, adiviñas e moitos textos máis que lles serviron para aprender moitísimas cousas. Tamén en Matemáticas resolveron problemas, retos, etc con temática mariña.

No Entroio elaboraron os seus propios disfraces de mergulladores utilizando materiais da contorna: botellas, cordas, tubos, etc. Coa canción Rías Baixas style prepararon un divertido baile para a festa da escola.  

Nas últimas semanas de maio,de maneira conxunta , eleboraron maquetas de animais da ría de Arousa con plastilina. Todos os animaliños están expostos no corredor da primeira planta da Lomba.





Finalmente, o 30 de maio, realizaron unha visita guiada á illa de Cortegada onde pasaron un día estupendo e descubrieron os segredos da illa da man da asociación AmarCarril. Para amenizar a excursión prepararon a canción popular : Se vas a Carril.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario