Olaaa,
Pois si, ¡¡¡a rapazada toda apuntada no club de lectura está entusiasmada!!
O día 3 reuníronse parte dos de 5º con Fernando para levar o libro "Detective Connan" Alucinaron de cando se decataron de que en Galicia foramos pioneiros en ver o anime destes libros. Tamén viron uns vídeos onde sae unha cantante "Pauliña" que canta a canción introdutoria da serie en galego. O de Sherlock Holmes soáballes, pero aprenderon que o autor do libro, púxolle este nome ao detective coma unha chiscada de ollo ao seu escritor, Sir Arthur Connan Doyle. ¿Quen dixo que no club de manga e banda deseñada non se fai máis que ler?
Tamén os de 5º pero de literatura (algúns están nos dous, do que lles gusta ler), reuníronse con Mariel o xoves 5 para falar de "Plan de rescate" de Antía Yañez. Á maioría encantoulle, pero como ben falamos sempre, non a todo o mundo lle ten que gustar o mesmo, afortunadamente. No que si estaban de acordo en que o principio foi un pouco raro e pensaron que aquel libro non lles ía emocionar, pero claro, desapareceu unha profe e aí xa se animou máis a festa, he, he.
Non quixeron agardar á seguinte sesión para levar un novo libro, dixeron que ían aproveitar as vacacións de Nadal para adicarse á lectura. Como o libro elixido foi "Harry Potter e a cámara segreda" de J.K. Rowling e ten bastante para ler, todo o mundo estivo de acordo en que era unha moi bos idea.
E diredes vos, ¿que pasa cos de 4º? ¿Non se reúnen? Claro que si, ho, pero esqueceron facer a foto, falaron tanto, tan entusiasmados do seu libro, de estar nun club, das partes que lles fixeron máis gracia e das que non. Comentaban como era posible que con tantas cousas diferentes que podían ter saído mal, ao final todo saíu ben. Si é que Dona Problemas é unha artista resolvendo todo. Mariel ensinoulles a continuación deste libro, que ten aínda por catalogar, e se era posible que o fixese rápido, para así seguir lendo as súas aventuras. Penso que si que lles ha de facer caso, porque ante unha petición para seguir lendo... quen tenta parar o mar...!!😁
Os de 6º estanse a reunir coa profe Alba e aproveitan que teñen o recanto de lectura xusto ao lado das portas da súas aulas, que xa nin baixan á biblioteca, para así poder falar un chisco máis. O libro elixido é "Varetai, Protectora de espíritos" de Alba de Evan. Moito lles presta esta lectura, xa nos dirán como remata o conto, e nunca mellor dito😉
Bicos mollados.
Rosalía