luns, 25 de febreiro de 2019

Rosalía na Lomba.

Bo día:

Nesta semana do 24 de febreiro, no noso colexio decidimos homenaxear á miña tocaia, Rosalía de Castro, e ademais de teren expostos para o seu uso e disfrute libros dela, aproveitando que temos na Lomba megafonía nova e que dende todo o colexio podemos escoitar aos que falen dende o micrófono, usamos o tempo do plan lector para ler poemas e cantar algunha canción poemada dela.
Ademáis diso, nas aulas falamos e contamos un pouco da súa vida, pendentes de que unha exposición sobre Rosalía e Carril chegue ao noso centro para saber un pouco máis desta escritora e a nosa contorna.
Aquí vos deixo un pequeno vídeo con imaxes desta semana.


http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d254811469k6508580o1l1/rosala-24-2-19



Bicos mollados.

Rosalía.

xoves, 21 de febreiro de 2019

Mochilas Viaxeiras

Boas noites:

As mochilas viaxeiras deste ano xa andan polas casas dos nosos alumnos/as. Esperamos que vos gusten e que disfrutedes da lectura. este ano coma novidade, engadimos uns pequenos xogos para poder desfrutar en familia.

Bicos mollados.

Rosalía.

xoves, 7 de febreiro de 2019

Día da Paz e non violencia escolar

Estou moi contenta porque o 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da non violencia e da Paz. Aínda que tiñamos preparada unha carreira de relevos no patio, a meteoroloxía non nolo permitiu. Tivemos que facer no ximnasio unha xuntanza por quendas no edificio da Lomba e na entrada do Anexo.

Nas aulas traballamos previamente o que significaba este día e fomos escribindo un "Pergamiño Viaxeiro" que comezando en cada un dos 6º, baixou ata infantil e no que cada aula plasmou eses desexos de Paz e que limos neste fermoso acto. Para a carreira que non puido ser, o dorsal se entregaba a cambio de alimentos, pois fixemos unha recollida solidaria na que nos centramos nos alimentos sen glute, sen lactosa e sen ovo, que son dos que tiñan mais necesidade en "Amigos de Galicia", asociación á que se entrega esta "Colleita de Paz" pois a Paz é tamén a solidaridade.

Cada aula tamén tiña unha cartulina cunhas letras e cores que por separado non dicía nada, pero que ao facer o puzzle con todas as aulas, amosounos unha fermosa mensaxe: "Un neno, un mestre, un lapis e un libro poden cambiar o mundo" de Malala Yousafzai moi apropiada para o noso entorno escolar, a biblioteca e o noso PDI.
Deixamos este puzzle feito e os nosos desexos na entrada da Lomba, para lembrar que a PAZ non é un día, que ten que ser sempre!!!
Bicos mollados.
Rosalía