xoves, 25 de febreiro de 2021

Rosalía de Castro

 Xa sabedes que o 24 de febreiro do 1837 naceu Rosalía de Castro, a miña tocaia, e por iso dende hai varios anos celebramos no colexio o seu aniversario. ´

Na biblioteca do edificio da Lomba estreamos pantalla e que mellor xeito de facelo que cun genially onde dende infantil poden aprender cousiñas dela!!

 


 

Queremos que continúe viva entre nós e por iso durante o recreo e plan lector, parte do alumnado do centro leu e incluso cantou poemas dela. Tamén nas aulas traballaron e aprenderon cousiñas e como mostra, aquí queda un vídeo para que vos vexades.


Bicos mollados.

Rosalía

domingo, 14 de febreiro de 2021

¡San Valentín!

💕💘💗💓💙💚💛💜

Neste día de San Valentín quérovos deixar este vídeo que os cativos e cativas de 6º de infantil recitan un poema precioso.

Máis hoxe ca nunca BICOS MOLLADOS!!!

Rosalía

sábado, 13 de febreiro de 2021

O ENTROIDO CHEGOU

 Maila que este ano non puidemos facer as festas as que estabamos acostumados e compartir esas orellas, filloas e rosquillas, non por iso a festa ía desaparecer, que o Entroido é moi noso. Déixovos un pequeno vídeo coas fotos que conseguín. Si. xa o sei, no estades todos e todas, pero e que non din abasto a sacar tanta foto e ir dun centro a outro...

¡Desfrutade do Entroido!!


Bicos mollados🎩🎈🎉🎇🎊

Rosalía

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O alumnado de 6º do noso centro despois de preparar os coñecementos previos para a charla, tivo unha vídeo conferencia con Victoria González López, analista do INTECMAR (instituto tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia), que lles contou como é o seu traballo e a súa experiencia de cando viaxou a Antártida analizando xa daquela o cambio climático. Estiveron moi atentos e sacaron moito proveito do escoitado. 

Ademais, un paxariño amigo meu contoume que, para o día da muller, Victoria nos ten preparado un agasallo como mostra de agradecemento polo moito que atenderon e se interesaron na súa charla e no seu traballo. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O alumnado de 5º da Lomba preparou este cartaz para conmemorar o día e aprender e valorar o papel da muller neste eido.



 


Bicos mollados.

Rosalía


domingo, 7 de febreiro de 2021

VIVE A TÚA VILA

 O noso PDI  segue vento en popa. Aquí queda o vídeo de 5º B para vexades o seu traballo.


Bicos mollados

Rosalía

venres, 5 de febreiro de 2021

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

 ¡¡¡Conseguímolo!!! Mirade que cantidade de almorzos vanse poder facer coas vosas achegas... Querémosvos dar as GRAZAS e darllas tamén á Cruz Vermella, que é a que vai facer que estes alimentos cheguen a aqueles que máis o necesitan. Está claro que parte da Paz é compartir e por iso o noso colexio e o seu alumnado, familias, profesorado e demais persoal pode estar orgulloso.

 
Bicos mollados.
Rosalía

 


mércores, 3 de febreiro de 2021

Máis robótica

 Velaiqui tendes aos alumnos do anexo traballando novo vocabulario e sons coa axuda dos robots. 


Bicos mollados.

Rosalía