Hoxe voltou Carlos Padín ao edificio da Lomba para facer a solta de Pombas mensaxeiras co gallo deste día tan especial con moitas ganas de que os nosos desexos, escritos nas plumas da pomba da entrada dos dous edificios, chegasen aló onde fagan falta.
Con grande expectación e asombro vimos como botaban voar sobre o patio. ¡Que impresión e que bonito! ¡Os aplausos foron atronadores!
Despois preparámonos para cantar e bailar "A pomba Mari Paz" e desfrutar desta mañá tan soleada pero fría que non nos frenou para dicirlle ao mundo que non queremos enfados , pelexas nin guerras.
No edificio do anexo empezamos a mañá coa macha Radetzky, facendo percusión corporal e demostrando o ben que saben levar o ritmo da canción mentres amanecía sobre o patio. No recreo varios alumnos e alumnas de 4º e 5º leron unhas poesías sobre a Paz. Despois o alumnado de infantil cantou e bailou "A Pomba Mari Paz" no medio do patio mostrando o que lles gusta a canción e a mensaxe que da. Para rematar o alumnado de primaria repetiu a Marcha Radetzky e a coreografía ensaiada.
Hoxe tivemos a sorte de que se achegaron ata A Lomba dous colombofilos. E diredes ¿que é iso? Pois a colombofilia é a arte e a ciencia de criar pombas
domésticas. A xente practica a crianza de pombas dende hai polo menos
5.000 anos e en case todas as partes do mundo. As persoas que se dedican a isto son os colombofilos. Nesta ocasión os que aquí se achegaron foron Carlos Padín Serantes e Carlos García Balboa. Os dous pertencen ao "Club de Pombas do Salnés" e troxeron con eles sete pombas, cinco femias, un macho e unha cría.
Contarón cousas sobre a cría, a alimentación, os coidados, o entrenamento, a limpeza e os campionatos nos que participan as súas pombas. ¿sabíades que son capaces de atravesar a Península Ibérica dende Barcelona e mesmo dende Melilla? ¿Que cara se vos quedou? Eu dende logo non pensei que foran tán rápidas, porque chegan elas antes que os seus donos de volta á casa.
Aprendimos que cando nacen, aos cinco días póñenselles un anel na pata que é o que identifica a esa pomba para toda a vida, é como o seu carné de identidade. No pombal no que nacen é no que teñen querencia, ao que queren volver, ademais de entrenalas para que queiran voltar, dándolles cacahuetes antes de sair, que para elas é como chuches, fai que volvan con máis gañas.
Ata finais do século pasado no exército tiñan pombas mensaxeiras, que eran as encargadas de poder mandar información dende onde as levaran nas caixiñas e as soltaran, de volta ao seu pombal.
Cando compiten levan na outra pata outro anel que leva un chip, así no momento en que entran no seu pombal, un lector recolle a hora e xa se sabe canto tempo lles levou chegar. Se o día está nubrado e sobre todo cando hai néboa, pódense desorientar, e se chove ou teñen vento de lado poden tardar moito máis. Tamén aprendimos que as veces non son capaces de voltar, porque hai moitos perigos polo camiño, dende aves rapaces a que entren buscando comida ou auga noutro pombal que non sexa o seu o simplemente se desorienten e se perdan.
Vimos que son moi mansiñas, e ata poidemos acariñalas. Hainas de moitas razas e de moitas cores e as que son gañadoras poden valer moitos cartos, porque as usan para cría e hai xente que paga moitos, moitos cartos por elas.
O que quedou moi claro, é que os dous Carlos son uns apasionados deste deporte e que queren ás súas pombas moitísimo. Mira que lles fixemos preguntas e preguntas e tiveron a paciencia para responder a todas. Non podemos máis que darlles públicamente as grazas por vir ao colexio e contarnos tantas cousas.
Neste curso que estamos aprendendo
cousas sobre os medios de comunicación, e achegándose o Día escolar da
non violencia e da Paz, a figura da pomba ten un dobre significado para
nós. Un medio de comunicación e un símbolo da Paz.
Nós pola nosa banda, traballamos coa impresora 3D e cun deseño dunha pomba ao que se engadiu un aro no lombo, montamos un chaveiro para cada un, para que levaran de recordo da súa visita. Hai que combinar unhas cousas con outras e que mellor xeito de lle dar uso que facendo cousas útiles.
Aquí deixo un vídeo coas fotos da súa visita e do momento no que se estaba a imprimir a pomba.
E se cadra pensades que aquí rematou todo... pois non, o luns Carlos Serantes voltará á Lomba traendo máis pombas e no recreo mentres cantamos a canción de "A Pomba Mari Paz" de Mamá Cabra soltarémolas para que voen espallando esa mensaxe de paz que temos na entrada do centro formada por todas as plumas cos nosos desexos escritos nelas.
Xa está en funcionamento o club de lectura de manga. Nesta ocasión foi o grupo de 5ºA o que se levou para casa o libro de Dr Slump 2. Como algún non lembraba moi ben o número 1, o profe Fernando ofreceulles a posibilidade de levar os dous exemplares, o 1 para referescar e o 2 para poder comentar.
E os de 4º empezaron coa película de "Harry Potter y la cámara secreta" para poder comparar e apreciar as diferencias entre o libro e a película.
Xa o temos aquí. Xa nos mandaron o programa de radio que grabamos no colexio en novembro. Fixose de rogar pero está precioso. Todo o mundo a escoitar este traballazo do alumnado de 6º do colexio.
Está claro que este PDI sobre os medios de comunicación está a dar moito de si.😍
Hoxe no recreo foi o turno para outro grupo de 4º, que vai ler "La lista de cumpleaños".
E digo eu, ¿cantos tipos diferentes de listas podemos facer para un aniversario? Xa o averiguaremos cando leamos o libro. Divertíunos moito que mesmo no comezo do libro dixese que ela cumplía anos o 13, e xusto hoxe é 13. ¡¡Que casualidade!!
Hoxe rematamos coa lectura do 2º libro da serie, Harry Potter e a cámara segreda no noso club de lectura. Pero a aventura non remata aquí, queremos ver as diferencias do libro coa película, así que adicaremos varios recreos para ver o filme, e poder comentalo.
¡¡Que ben que xa estades de volta!! Boteivos en falla. Ademais viñeron os Reis Magos e deixaron agasallos, pero quixen agardar a que viñeran os axudantes para abrir os paquetes.
¿E que foi o que trouxeron? Pois como non podía ser doutro xeito libros e xogos para a miña lagoa. Pronto estarán catalogados para poder levalos á casa. Algún foi dos que puxera nas recomendacións lectoras. ¿Será que os Reis len o noso blog?