luns, 30 de marzo de 2020

Contos na rede

¡¡¡Bo día!!!

Xa estou aquí de novo. Xa sabedes que unha das miñas actividades favoritas é ler e outra, por suposto, nadar e mergullar. Pois hoxe enviáronme un conto moi chulo que fala de como facer con todo isto do coroavirus, de pequenas cousas que nos poden axudar para pasar estes días, nos que temos que estar en casiña sen sairen ás rúas.

Espero que vos guste😃

Bicos mollados




xoves, 26 de marzo de 2020

NOVIDADES #QuedaNaCasa

Bo día:

¡¡¡Que sorte!!! O outro día conteivos que se tiñades carné da biblioteca municipal podiades acceder ao préstamo dixital, pero xa non é preciso. Como había  moita xente que non tiña o carné ou que non o tiña actualizado, decidiron abrir o acceso ao público. Pedide na casa que entren e que se rexistren, dese xeito teredes unha ventá enorme aberta ao mundo da lectura!!!!!




Pero non é ista a única novidade, non, moitos de vos coñecedes a editorial Kalandraka, con contos coma "O coelliño branco", "A cebra Camila" e moitos máis que temos na biblioteca.
A editorial Kalandraka empezou no ano 1998, o século pasado,  como o proxecto dunhas persoas que tiñan relación co teatro e coa educación infantil que se decataron de que case non había contos infantís en galego. Fan adaptacións doutros libros, reescriben clásicos e publican nas linguas de España e nalgunha máis. E tamén teñen canle de TV, déixovos o enlace para que poidades ver unhas contadas.

TV KALANDRAKA (Preme aquí)

Agardo que vos gustaran as novas e lembrade #euquedonacasa

Bicos mollados

mércores, 25 de marzo de 2020

Seguimos na casiña

Ola de novo:

Aquí seguimos na casa, teño todo o colexio para mín, pero sen vos é un pouco aburrido. Non me van chegar as patas para vos apertar!!!

Estades a facelo moi ben, sodes uns campións e campionas quedando na casiña, porque cada un ten que axudar como pode, e o mellor xeito de facelo vós é quedando dentro.

Xa vos dixemos o venres que viñerades coller libros para o tempo sin colexio, ¿gustáronvos? ¿Acabáchedelos? Podedes contarme que tal foi a lectura e se recomendaríades o libro aos voso compañeiros/as.

Déixovos un xogo. A ver quen é capaz de descubrir o título destes libros de contos, moitos están na nosa biblioteca.

1.👧🐺🍴👵
2.👧🐰🎩♥
3.🤴🏼🌕🌹🦊
4.🤥🧚‍♀🦗🐋
5.🐟🌈
6.🐁💄🧹
7.🦊🥚🥚🥚🥚
8.🐘👂🎪
9.👦🏽🏭🍫
10.👂🦋
11.🐄🚫🥚
12 🏠🐀🐁🐭
13.🔑🗝💤
14.👸🏼❄
15.🏝👴🏼
16.🐊👇🛏
17.📧🐉
18.🧒👓⚡
19.🐘🎨
20.🦒🚫💃🕺
21.🦁(🏢📘📗📕📔📓)
22.💋🍊
23.5⃣💰🏝
24.🐠🦀👣
25.🐥

Algúns son en galego e outros en castelán.
Xa me contaredes.

Bicos mollados polo aire e lonxe, e lembrade lavar as máns!!!!

mércores, 18 de marzo de 2020

TEMPO DE LER

Ola!!!!!

Mañá empeza a ponte, en condicións normais estariamos de vacacións, moitos viaxando, pero non podemos movernos da casa. ¿quere dicir isto que non podemos viaxar? POIS NON, si que podemos viaxar, pero non como estabades a pensar. Temos que estar na casiña, non nos esquezamos disto, pero temos libros na casa, e con eles podemos viaxar a reinos lonxanos, tempos pasados, futuros, imaxinados... así que vos recomendo aproveitar estes días e viaxar!!!



Lembrade que se tedes carné da biblioteca municipal, podedes acceder á Galicia le acceso e dende alí coller en préstamo libros para esta tempada.

Bicos mollados

Rosalía

martes, 17 de marzo de 2020

Salón do libro de Pontevedra

Non son a única que queda sen rapaces e rapazas, ¿coñecedes a Orbil?



 É a mascota do  Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra se entrades na súa páxina tamén podedes ver un montón de ideas e actividades para facer nestes días.

E se lle escribides unha carta podedes entrar nun sorteo de 10 lotes de libros (e outras cousas chulísimas) o enderezo é salondolibro@pontevedra.gal    Tedes ata o 26 de marzo, veña!!!

Bicos mollados

domingo, 15 de marzo de 2020

TEMOS QUE QUEDAR NA CASA

Bo día a todo o mundo:

Pois aquí estou, no colexio, que é a miña casa, a miña lagoa. Imos estar unha tempada sen nos ver, porque un virus chegou onda nós e pode facer que nos poñamos maliños/as ou que contaxiemos aos demais.

Nestes días os profes poñerán na páxina web do centro actividades para que poidades traballar na casiña, pero tamén se pode ler, axudar nas tarefas da casa, inventar contos, escribilos e despois contalos á volta.

Unha das cousas máis importantes é lavar as máns varias veces ao día. Póñovos un vídeo para que vexades como facelo moi ben, e podédesllo ensinar as vosas familias.

Bicos mollados