No día previo ao 25N cando se conmemora o Día contra as Violencias de Xénero, no edificio da Lomba cantamos no patio "Matriarcas" de Guadi Galego e quixemos facer chegar ben lonxe a nosa mensaxe, non queremos que esta lacra medre, queremos crecer respectándonos e compartindo a vida, TODOS e TODAS.
A rapazada de 1º A e 1ºB estivo facendo unha serie de experimentos na biblioteca e como científic@s que son, foron apuntando os pasos e resultados das súas experiencias." O método científico"
Antes de que nos deamos conta, pasarán de estar aquí, a traballar nun laboratorio 😄
Olaaa, xa temos no expositor unha pequena escolma de textos apropiados para estas datas. Algúns xa son clásicos na nosa Lagoa, pero outros son novidade, coma "Como ser un hombre de verdad" que cada vez que quería sacar unha foto, xa non estaba no expositor, marchara para ser lido nalgunha clase.
No Anexo están a traballar un dos de sempre, "Artur e Clementina" Nas titorías leron o conto e falaron sobre a mensaxe. Os de 6º encargáronse de colorear a Clementina, 5º fixo debuxos e resumos e entre todos os cursos de infantil e primaria lle fixeron unha nova cuncha poñendo frases, palabras e debuxos cheos de ánimo para a nova vida que elixiu vivir.
E coma todos os anos, unha representación do colexio participou nos actos conxuntos dos centros de ensino de Vilagarcía.
Hoxe foron os de 4º os protagonistas do noso club. Estaban moi, moi nerviosos. Normal, era a primeira vez que podían participar no club. Nesta ocasión foi o de cómic manga co profe Fernando, o apaixonado dos mangas que temos no colexio.
E este ano con mais motivo que nunca, que o lema das bibliotecas escolares galegas é: "Unha biblioteca escolar en viñetas" o manga continúa no noso club.
Falaron da forma de ser dos xaponeses, da súa cultura, coñecementos previos tan necesarios para entender BEN o manga. O libro escollida nesta ocasión foi "Dr. Slump" e como o profe viu que estaban entusiasmados, decidiu que levasen dunha tacada o número 1 e máis o 2.
Mirando as súas caras, está claro que marcharon felices para casa.
Onte o alumnado de 6º que se apuntou ao noso club de lectura "Debullando Contos" tivo a primeira xuntanza no recreo. Comezamos polos de narrativa e a obra escollida nesta ocasión foi "Plan de Rescate" de Antía Yañez. Entre as conversas que alí houbo, unha fíxome moita gracia. A profe Mariel estaba dicindo que non sabía se lles gustaría ou non o libro, e unha das rapazas contestoulle: "Sempre nos dis o mesmo e sempre nos gustan, ¿por que cres que non nos ía gustar?" Claro, a pregunta era boa, pero a resposta que levaron tamén, non toda a xente ten os mesmos gustos, e o que a un lle gusta a outro pode espantarlle.
Os clubs de lectura son para ler un libro e falar sobre el, ou de empezar ler un libro, non gostarte e non seguir lendo, pero despois na reunión, falar e dicir que foi o que fixo que deixaras o libro aparcado. Aínda que non o leas, participas do club.
Aquí vedes ós participantes.
E hoxe foi a quenda dos de 5º tamén de narrativa. Tiñan para escoller "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas ou coma o grupo anterior, "Plan de rescate". Gañou Escarlatina por goleada. Se cadra é porque aínda hai pouco que celebramos o Samaín e andan os espíritos danzando😂 Iso si, teñen claro que a seguinte lectura vai ser a de Antía Yañez. Déixovos outra fotiña deste grupo.
Si que pasan, si. Voando, ou no meu caso, nadando.
Hoxe á mañá foi o último día de clase da profe Teresa Varela, outra das integrantes do equipo de biblioteca. Parece que esta lagoa vai quedando sen compañía, o curso pasado Araceli e Charo e neste Teresa😢
O colexio quixo despedila deste xeito que vedes aquí. Choros houbo moitos😭, alegría por ela tamén💖 e un pouco de envexa (da sa) tamén escoitei eu dende a biblioteca😈😅
Disfruta desta nova etapa, pero non te esquezas de vir facer visitas.
O noso voluntariado non quixo perder a ocasión de irlles ler ao resto de cursos do centro. Aínda que estaba previsto facelo o 31 de outubro, ao final tivemos que deixalo para o día 2 de novembro, que tanto festa non daba para todo. Libros coma "O noso Samaín", "Violeta quere ser vampiro"ou "Bromas na escuridade" foron algún dos títulos que levaron polas aulas adiante. Si é que da xenio velos preparando as lecturas nos recreos e despois levando a cabo o practicado para facer desta festividade outra escusa para ler.
No Anexo tamén levaron as lecturas polo colexio adiante. ¡¡Terrorífico!!
Daba un pouco de medo andar polo colexio, porque non so quedou a biblioteca decorada, o resto do colexio tamén colaborou para crear este ambiente.
Nos expositores temos libros para meter medo, tensión, aprender...
Houbo moitos disfraces, moitas portas adornadas e moitas sobremesas terroríficas. Aquí vos deixo uns vídeos para que o comprobedes os que non puidestes velo en directo.
O noso voluntariado, presentou nas aulas da Lomba as Mochilas viaxeiras deste curso. Comprobaron se estaba todo en orde, libros , DVDs, xogos... e foron polas aulas explicando o funcionamento a todo o mundo, porque hai alumnado novo no centro e tamén profesorado. Así ninguén ten dubidas.
Esta biblioteca xa está rodando. Como presta velos axudando.
Si, si, escoitastes ben, imos á praia Compostela, pero non a nos bañar, que non digo eu que non apetecería, senón a mellorar e limpar a praia. O alumnado de 3º, 4º e 6º do edificio da Lomba, foi esta mañá ata o areal dentro dunha actividade coordinada con ADEGA e o Concello para concienciar sobre como nos gustaría ver a praia e como a atopamos, para limpala e despois contar nas casas o que atopamos. Despois de saír do centro, ao chegar á praia da Cocha, estaba esperando por nós persoal do concello para nos dar bolsas do lixo, luvas de plástico e uns chaleques para que se nos vise ben e poder empregalos noutras actividades "Polo medio"
Percorremos a area xusto na mallante, o medio e o bordo do paseo para non deixar atrás ningunha porquería. Recollemos plásticos, algún resto de rede, tapóns, papeis e sobre todo, con moita diferencia, cabichas. ¡¡ocupar non ocupan moito, pero contaminan moito e é unha cochinada!!
Tamén tivemos entrevistas por parte da radio e dende a prensa non paraban de nos fotografar. Así é que saímos nos medios. Limpeza praias
E como non podía ser doutro xeito, tralo traballo, a repoñer forzas no parque dos pinos comendo as nosas merendas, sen deixar que quedara nada manchando o chan nin as mesas, que xa sabemos o que contamina.
De regreso ao colexio, houbo quen fixo algunha parada "técnica" nalgún dos parques, non todo vai ser traballar.
Estou moi contenta de todo o que limparon, porque é unha boa causa deixar o noso entorno limpo, e á vez triste, porque se a xente non manchara e emporcallara todo, non teriamos que ir limpar o que outros manchan.
Mirade que vídeo máis chulo, a ver se vos atopades nel.
Pois si, unha vez comezado o curso, o voluntariado de 5º e 6º da Lomba quece motores e fai a súa primeira reunión na biblioteca. E non son poucos...
Mariel presentoulles as actividades que están previstas, e eles e elas decidiron cales eran as que máis se axustaban aos seus gustos, se axudar en xeral, preparar lecturas para os máis cativos, ir ao centro de maiores, preparar as mochilas viaxeiras... e como non podía ser doutro xeito, fixemos unha foto de lembranza, ben, quen di unha... cada vez que faciamos unha, aparecía unha nova persoa que chegaba tarde...
En fín, que aquí estou eu arrodeada de todo este marabilloso voluntariado, ¡que gusto!
Este curso imos aprender moitas cousas sobre a ría, a nosa contorna, os animais que aquí viven, as cousas que podemos facer ou que se fan, a flora, as tradicións, a ecoloxía, o medio ambiente... porque formamos parte dun todo e precisamos entendelo e coidalo.
Con este xogo de palabras, Son Ría, queremos expresar tamén a alegría de vivir onde vivimos, o privilexiados e privilexiadas que somos por ter esta contorna e as pequenas e grandes cousas que podemos facer por mantela e mellorala.
Comezamos cun pequeno concurso, para facer o logo deste PDI, entre todas as clases do centro elixiremos un debuxo que será o que nos acompañará en todas as actividades a realizar. Tedes ata o 16 de outubro para presentar as vosas propostas.
Pois si, parece mentira o rápido que pasou o curso e mira que fixemos unha chea de cousas. Aprendemos un montón sobre os medios de comunicación, tivemos programas de radio en directo, exposición de sellos de correos, as abellas e as pombas mensaxeiras, as campás, programas de vídeo... e polo medio como usar as placas makey makey, as microbit, os e-téxtiles, os clubs de lectura, os voluntarios e voluntarias, as mellores lectoras e lectores... é que non paramos!!!
Agora toca descansar e repoñer forzas cara o vindeiro curso, que en canto nos deamos conta xa está aquí.
Por se alguén esquece ou perde as recomendacións lectoras que dende esta lagoa mandamos ao final de curso, deixamos aquí unha copia, que tempo ha de haber para mil cousas, entre elas, LER.
Se xa onte estaba toda emocionada coa entrega de diplomas do voluntariado, hoxe foi por partida dobre. Por unha banda, unha vez mirado o programa Meiga, que é co que facemos o préstamo nesta lagoa, tivemos 14 persoas que levaron ás súas casas máis de 20 libros, e isto ten un premio. A mellor lectora foi Mía D'innocenzo e a que máis libros compartiu coa familia, Yanira Alves.
Por outra banda, as persoas que participaron nos diferentes grupos do club de lectura, "Debullando contos" tamén recolleron os diplomas e os pequenos agasallos que se lles entregaron como recoñecemento a tantos recreos debullando. Dende aneis de Naruto a marcapáxinas de Harry Potter feitos na impresora 3D do centro. A biblioteca é un círculo que se retroalimenta.
Da gusto ver tanto alumnado interesado na lectura e mirar as súas caras de alegría💘💘
Agardamos ver moitas destas caras o curso que ven, maila que sabemos que o alumnado de 6º non poderá, que comezan unha nova andaina no instituto. Igual que lle dixen onte ao voluntariado, espero que alí tamén poidan participar da vida da biblioteca escolar.
¡¡Estou moi emocionada! Hoxe no recreo Mariel e mais eu fixemos entrega dos diplomas ao voluntariado que durante tantos recreos e parte dos plans lectores, así coma outras horas perdidas cando foi preciso, axudaron a que esta lagoa funcionara tan ben durante o curso.
Ordenaron os andeis, fixeron cartaces, decoraron, fixeron lecturas compartidas cos pequenos, levaron os libros aos recreos, ensaiaron para ir ao centro de día, para que viñeran os pequenos da gardería ao noso centro, opinaron sobre posibles adquisicións de fondos...
Algúns deles e delas xa nos abandonan, pois rematan 6º e comezan unha nova andaina no instituto. Seguro que alí tamén buscarán un oquiño para visitar e axudar na biblioteca, unha vez que se empeza non é doado saír.
Non podo rematar o curso sen dicir ben alto: ¡¡¡GRAZAS!!! a todas e cada unha das persoas voluntarias que compartistes o voso tempo comigo💗💗💗
Olaaa! desta volta veño para vos contar que en Vilagarcía estamos contentísimos de que se fagan actividades que teñan que ver coa lectura e cos libros.
Do luns 12 ao domingo 18, a semaniña enteira, vai haber actividades para todos os gustos e todas as idades na praza da II República e no parque Miguel Hernández.
Para os colexios hai actividades polas mañás e alí tentaremos estar.
Deíxovos o programa para que poidades velo e animarvos a vos achegar.
Olaaa. Que chimpo de alegría levei cando me enterei de que Izan Teijo Abalo, de 6ºC quedara campión galego do concurso "Ahora vamos andando al cole" que organizan Stop Accidentes e Fundación Mapfre.
Nada máis e nada menos que 6.000 debuxos foron os que participaron en Galicia e agora vaise medir con 20.000 de toda España.
A entrega tivo lugar no patio do Anexo e os representantes de Stop Accidentes e Fundación Mapfre coa presenza do Alcalde, a concelleira de mobilidade e a Xefa territorial de tráfico, estiveron no acto de entrega do diploma e da bicicleta. Xunto ao chaleque e casco, xa puido empezar desfrutala no patio do colexio, véndose rodeado dos compañeiros que non podían menos que felicitalo.
Olaaaa, aquí está o que nos mandan dende o ciclo de infantil.
4º
EDUCACIÓN INFANTIL
Neste
curso comezamos a investigar e traballar sobre os medios de
comunicación no 3º trimestre.
A
actividade principal foi a creación do noso xornal de aula.
Primeiramente observamos diferentes xornais e identificamos as
características principais: titulares, noticias, pe de foto, data,
páxina...
Realizamos
clasificacións de noticias: de Galicia, Arousa, deporte, tempo,
pasatempos...
Por
último elaboramos o noso propio xornal coas noticias máis
salientables da nosa escola: visitas, excursións, obradoiros... e
expuxémolo na aula e no corredor.
5º
EDUCACIÓN INFANTIL
Neste
nivel abordamos no primeiro trimestre as actividades relacionadas cos
medios de comunicación.
Elaboramos
o noso propio xornal. Partimos da análise e reflexión do formato
dun xornal, principalmente da páxina principal: características,
anuncios, data, etc. Reflexionamos sobre a súa funcionalidade e
usos. Investigamos sobre o que era o titular, o pé de foto, etc.
Pedimos as familias una fotografía do verán, que serviu de base
para elaborar as noticias e o noso particular xornal que
posteriormente se expuxo na aula e se lle fixo chegar as familias.
Realizamos
entrevistas. Investigamos sobre as persoas que traballan no xornal e
convertémonos en pequenos xornalistas. Todo o alumnado foi
entrevistador e entrevistado. Cada día o axudante do grupo se
disfrazaba e era entrevistado polos seus compañeiros: conto
favorito, comida preferida, etc.
Fixemos
o noso dicionario. Buscamos letras nos titulares das noticias para
compoñer o noso pequeno dicionario.
Tamén
reflexionamos e debatemos sobre os outros usos e funcionalidades do
xornal: para reciclar, para protexernos do sol, para secar flores,
para absorber auga cando se nos cae ao chan, para divertirnos, para
facer prismáticos, barquiños de papel, festa de bolas, etc.
Elaboramos
barcos, avións, chapeus con xornais.
Outra
actividade realizada foi a reciclaxe de papel. Comezamos investigando
e debatendo sobre como elaborar papel reciclado. Despois pasamos a
realizar todo o proceso (esmiuzado, triturado, cribado, prensado,
secado). Despois usámolo para decorar a tapa do caderno doutro
proxecto.
6º
EDUCACIÓN INFANTIL.
Tamén
neste nivel comezamos a investigar sobre os medios de comunicación
no primeiro trimestre.
Centrámonos
principalmente na elaboración dun xornal.
Comezamos
observado as distintas seccións dos xornais e principalmente a súa
primeira páxina. Comparamos os xornais locais cos nacionais.
Eliximos un tema entre todos. Cada neno explica a noticia relacionada
coas súas vacacións de verán e despois escríbea.
Por
último fixemos un mural coas noticias aportadas por todos e
expuxémolo na aula.
No
primeiro trimestre tamén realizamos papel reciclado a partir de
xornais que despois utilizamos para outros usos como poñer o noso
nome en exipcio e distintas manualidades.
O
alumnado de 4º,5º e 6º do ANEXO realizou unha visita a redacción
do xornal local “ DIARIO DE AROUSA”
VALORACIÓN:
A
valoración por parte dos tres niveis é en xeral positiva.
As
actividades foron motivadoras e fomentaron a creatividade e o
traballo en grupo. Os nenos e nenas tomaron conciencia da importancia
dos medios de comunicación, especialmente do xornal.
Cumpríronse
os obxectivos propostos aínda que algunhas das actividades previstas
coma as relacionadas coa radio non houbo tempo a realizalas.
E aquí queda o vídeo para que vexades canto traballiño pasaron!!!
Olaaa. E non é un xeito figurado de falar, non, temos o certificado que o proba. Alumnado do anexo participou no concurso Pim Pam Experimenta da TVG e lle gañaron a outro centro. Ao noso alumnado tocoulle o número Pi e ben que o defenderon. Como premio, o nome do colexio no ceo😍 Non podemos chegar máis alto😂