O noso voluntariado, presentou nas aulas da Lomba as Mochilas viaxeiras deste curso. Comprobaron se estaba todo en orde, libros , DVDs, xogos... e foron polas aulas explicando o funcionamento a todo o mundo, porque hai alumnado novo no centro e tamén profesorado. Así ninguén ten dubidas.
Esta biblioteca xa está rodando. Como presta velos axudando.
Algún de vós igual pregunta que é iso de pensamento computacional e programación, porque soa raro. Pero se vos digo que é cando usades as computadoras para xogar aos AngryBirds en studio code, ¿a que xa sabedes do que falo? Claro que si, ou cando usamos scratch e as placas makey makey, ou mesmamente os escornabots ou os beebots.
Isto é o que están a facer uns compañeiros/as da aula de 4ºA e a rapazada de infantil.
Xa o sabedes, sodes quen de pensar como as computadoras e vos entendan.
Si, si, escoitastes ben, imos á praia Compostela, pero non a nos bañar, que non digo eu que non apetecería, senón a mellorar e limpar a praia. O alumnado de 3º, 4º e 6º do edificio da Lomba, foi esta mañá ata o areal dentro dunha actividade coordinada con ADEGA e o Concello para concienciar sobre como nos gustaría ver a praia e como a atopamos, para limpala e despois contar nas casas o que atopamos. Despois de saír do centro, ao chegar á praia da Cocha, estaba esperando por nós persoal do concello para nos dar bolsas do lixo, luvas de plástico e uns chaleques para que se nos vise ben e poder empregalos noutras actividades "Polo medio"
Percorremos a area xusto na mallante, o medio e o bordo do paseo para non deixar atrás ningunha porquería. Recollemos plásticos, algún resto de rede, tapóns, papeis e sobre todo, con moita diferencia, cabichas. ¡¡ocupar non ocupan moito, pero contaminan moito e é unha cochinada!!
Tamén tivemos entrevistas por parte da radio e dende a prensa non paraban de nos fotografar. Así é que saímos nos medios. Limpeza praias
E como non podía ser doutro xeito, tralo traballo, a repoñer forzas no parque dos pinos comendo as nosas merendas, sen deixar que quedara nada manchando o chan nin as mesas, que xa sabemos o que contamina.
De regreso ao colexio, houbo quen fixo algunha parada "técnica" nalgún dos parques, non todo vai ser traballar.
Estou moi contenta de todo o que limparon, porque é unha boa causa deixar o noso entorno limpo, e á vez triste, porque se a xente non manchara e emporcallara todo, non teriamos que ir limpar o que outros manchan.
Mirade que vídeo máis chulo, a ver se vos atopades nel.
Pois si, unha vez comezado o curso, o voluntariado de 5º e 6º da Lomba quece motores e fai a súa primeira reunión na biblioteca. E non son poucos...
Mariel presentoulles as actividades que están previstas, e eles e elas decidiron cales eran as que máis se axustaban aos seus gustos, se axudar en xeral, preparar lecturas para os máis cativos, ir ao centro de maiores, preparar as mochilas viaxeiras... e como non podía ser doutro xeito, fixemos unha foto de lembranza, ben, quen di unha... cada vez que faciamos unha, aparecía unha nova persoa que chegaba tarde...
En fín, que aquí estou eu arrodeada de todo este marabilloso voluntariado, ¡que gusto!