martes, 30 de abril de 2019

Semana do Libro

Olaaaaaa!

¡Que semaniña!!! ¡¡Canto movemento de libros polo colexio adiante!! 📒📕📖📗📘📙📚
Na páxina web do colexio xa puxeron unha chea de fotos das actividades que fixemos nesta semana, aforránonnos o traballo😊 
Aquí vos deixo o enlace dunha selección de fotos, hai moitas mais, coma sempre, pero é imposible poñer todas.
Esperamos que vos gusten.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalomba/galeria/thumbnails.php?album=10

Bicos mollados.



luns, 29 de abril de 2019

Actuación "O Coelliño Branco"

O venres 26 estivemos no Centro de Día da Rúa do Bosque dos Desamparados que pertence ao Consorcio Galego de Benestar. Os voluntarios da Biblioteca fixeron unha “representación teatrada” do libro “O Coelliño branco” Posto que temos mais voluntarios que personaxes, fixemos unha versión na que aumentamos o número de animais aos que o coelliño lles pide axuda. Entre todos buscamos as rimas que repite o coelliño cando fala da cabra e ensaiamos nos recreos previos para poder levar a obra o mellor posible e disfrutar entre os nosos maiores. Non é a primeira vez que imos ao centro nin que veñen eles ao noso, e quedamos tan contentos todos, que fixo que para o ano repetimos!!!
Ao voltar ao colexio, levaron unha doce sorpresa, ¿a quen non lle prestan unhas chuches de cando en vez???

xoves, 25 de abril de 2019

Ensaios do "Coelliño Branco"

Mañá parte dos nosos voluntarios irán ao centro de Día pertencente ao Consorcio da Xunta de Galicia para facer unha pequena representación do conto "O Coelliño branco" de Kalandraka. Como había máis voluntarios ca personaxes, modificamos un pouquiño o texto e engadimos máis animais para dar cabida a todos.
Xa nos contarán como foi a experiencia, porque nos ensaios pasárono moi, pero que moi ben.







Bicos Mollados.

martes, 23 de abril de 2019

Anpa Doutor Fleming!!!

No DÍA do LIBRO, a ANPA Doutor Fleming realizou unha xenerosa doazón de libros á biblioteca do Anexo A Lomba. Este xesto parte da vontade de fortalecer os lazos de colaboración entre a ANPA e a nosa escola. Grazas a eles a nosa biblioteca vai completando o seu catálogo con diferentes historias para educar na igualdade entre homes e mulleres. Contos como Pipi Mediaslongas, ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? ou Caperucita Roja, Verde, Amarilla, Azul e Branca están listos para ser lidos!

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d1c263587897k9817255o1

23 de abril. ¡¡¡¡Día do Libro!!!!

¡¡¡Hoxe é un día moi especial para nós!!! ¡O día do Libro!

Durante esta semana dedicarémonos a que todo o mundo o saiba. Faremos lecturas compartidas de libros, de grandes a pequenos e, claro que sí, de pequenos a grandes e despois faremos un debuxo que exporemos polos corredores do centro. Queriamos poder facelo ao sol, ocupando o patio, pero o tempo non nos vai deixar. Non importa, calquera sitio onde se poida ler é bó.

O venres 26, coma xa levamos facendo varios anos,  faremos un intercambio de libros. Os alumnos/as que queiran, poderán traer un ou varios libros ao colexio e levarán outros tantos de volta para casa. Pero OLLO, teñen que ser do voso nivel e estar en boas condicións, non vale facer trampas.

O luns 29  poderedes traer da casa ese libro que máis vos gustou dos que lechedes na vosa vida, aquel libro que recomendaríades sen lugar a dúbida a calquera para ler, e vir caracterizado/a coma algunha das personaxes do libro.

Xa poremos despois as fotiños de tanta cousa boa.

Bicos mollados.

venres, 5 de abril de 2019

Rosalía e o Mar de Carril.

Bo día:

Como xa vos anunciara, por fin temos no colexio a exposición de "Rosalía e o Mar" que non puido estar no 24 de febreiro no noso centro. 
Pagou a pena esperar, pois agora temos a oportunidade de saber un chisco máis da vida da miña tocaia de cando estivo aloxada no Carril. Canta información nova descubrimos sobre todo, grazas aos alumnos de 6º, que traballaron previamente para ter agora toda unha serie de actividades e xogos que investigando nos diferentes paneis, descóbrennos cousas que non sabiamos (eu tampouco).
 Que ben o pasamos aprendendo cousas novas😃😃😃.

 





Bicos mollados

mércores, 3 de abril de 2019

Agasallos dende o Concello.

Hoxe a concelleira de cultura de Vilagarcía de Arousa -Sonia Outón-, visitou o noso centro e fixo entrega do libro "A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas"" ás nenas e nenos de terceiro de Primaria. Este libro afonda na figura de Antón Fraguas, autor ó que se lle adican as Letras Galegas deste 2019. 
Para a Biblioteca tamén deixou un exemplar, así que dentro de moi pouquiño estará á vosa disposición tamén aquí, na Lagoa.