xoves, 23 de setembro de 2021

Xa temos o expositor "Camiñando"

 Bo día:

Xa temos o expositor preparado cos primeiros libros e xogos sobre o Camiño, non me diredes que non é chulo, verdade?


¡¡Pois a investigar!!!

Bicos Mollados

Rosalía

xoves, 16 de setembro de 2021

Protocolo Covid-19

 Debido ás restriccións sanitarias deste novo curso, aquí queda a nova normativa de uso da biblioteca.

  • O alumnado debe hixienizar as mans con xel hidroalcohólico antes e despois da estancia na sala.

  • O aforo da mesma será de 13 alumnos/as en cada sala.

  • É obrigatorio o uso da máscara de protección en todo momento.

  • Non poderán estar sós na biblioteca, sempre haberá un mestre/a con eles.

  • Os libros non poderán ser manipulados libremente. Se se le na sala, o mestre/a será o encargado de entregarllo.

  • O préstamo farase solicitando un exemplar da estantería ou elexíndoo a través do portal Meiga.

  • Os libros devoltos introduciranse nunha caixa de plástico onde pasarán a corentena de 3 días, e o persoal da biblioteca transcorrido ese tempo, colocaraos de novo nos andeis.


  • Retiraranse as alfombras do chan para así facilitar a limpeza e desinfección do mesmo.

  • Os postos de lectura e traballo estableceranse de tal xeito que non queden de fronte uns aos outros e que haxa separación dunha cadeira á seguinte do lado, no caso da Lomba, no Anexo posto que as mesas son redondas pero grandes, suprimirase unha cadeira en cada mesa para que haxa separación lateral, posto que a de fronte xa existe. Ao rematar deberanse hixienizar tanto as cadeiras como as mesas, ben cun spray, ben cun pano húmido que se desbotará na papeleira con tapa, disposta para tal uso.

  • Os ordenadores tamén serán hixienizados despois do seu uso.

  • Os xogos de mesa e todo o espazo fedelleiro, non se poderá usar cando sexan de uso compartido e unha vez manipulados, ben se hixienizarán, ben pasarán a estar nunha caixa de corentena 3 días.


A biblioteca da Lomba conta con dúas portas, unha será de entrada e outra de saída. Estas portas estarán sinaladas con carteis para que o alumnado o vexa claramente. Os alumnos entrarán por unha e sairán pola outra.

No Anexo tomaranse as mesmas medidas, utilizando a única porta para entrada e saída.


Para evitar a convivencia entre alumnado de diferentes grupos e niveis, a biblioteca deixará de ser utilizada como espazo de lecer durante os recreos.


A biblioteca será utilizada en horas de clase, como espazo de traballo, lectura e procura de información, onde o alumnado será acompañado en todo momento polos seus profesores/as e se establecerá un horario de uso semanal, que permita a súa organización.


Posto que hai coleccións de libros repetidos, os titores/as poderán levar os exemplares as súas aulas para poder entregarlle un a cada alumno/a para as lecturas grupais, e que pasarán tamén por unha corentena de 3 días ao rematar o seu uso.


No edificio da Lomba, en primaria, continuarán co uso das mochilas viaxeiras, pero unha vez devoltas, pasarán unha corentena de 7 días antes de seren enviadas de novo a outra casa, posto que está composta de diferentes materiais.

 

Aprendede ben estas novas normas e gozade da Biblioteca.

Bicos mollados.

Rosalía

venres, 10 de setembro de 2021

¡¡¡BENVIDAS E BENVIDOS!!!

 Ola de novo:


¡Que ganiñas tiña de vos ver! O verán está moi ben, podemos ir de vacacións, bañarnos, xogar, ler, pasear, viaxar, ler, cociñar... ¿xa dixen ler?😉 Pero eu nesta miña lagoa sen vos... non é o mesmo. 



Este ano temos novidades, tentaremos facer clubes de lectura para 4º, 5º e 6º tanto de literatura coma de comics Manga, tamén botar a andar a Radio na biblioteca e como non, traballar no noso PDI. Este ano o nome é "Pasiño a pasiño, A Lomba no Camiño" así que coma sodes moi listos e listas, xa imaxinaredes que aprenderemos e  coñeceremos cousiñas sobre o Camiño de Santiago.

Pois con toda ista información... ¡Benvidos ao curso 2021-2022!

Bicos mollados.

Rosalía