¡¡Era sabido!! 🙈 Tantas fotos e tantos vídeos coas vosas recomendacións que ao final xa nin vía e deixei atras a Iván de 2ºA e a Lucía de 6ºB, así que aquí volos deixo, para que vexades o que nos recomendan.
Bicos mollados.
Rosalía
¡¡Era sabido!! 🙈 Tantas fotos e tantos vídeos coas vosas recomendacións que ao final xa nin vía e deixei atras a Iván de 2ºA e a Lucía de 6ºB, así que aquí volos deixo, para que vexades o que nos recomendan.
Bicos mollados.
Rosalía
Con estes vídeos rematamos as vosas recomendacións lectoras deste 23 de abril do 2021. Con elas xa sabemos o que vos gusta, e o que vos parece que o resto do colexio non pode deixar de ler.
A pesar do traballiño que me levou montar todos os vídeos, estou moi contenta de tantas cousas que contastes e recomendastes, así ninguén pode ter xa excusa para non ler algo porque non sabe de que pode ir.
Bicos mollados.
Rosalía
Pouquiño a pouquiño vaise enchendo o blogue coas vosas actividades e recomendacións. Desta volta o alumnado de 2ºC conta os seus libros favoritos.
E isto aínda non rematou, estade atentos/as ás vindeiras montaxes, que temos moito artista aínda por amosar.
Bicos mollados.
Rosalía
Temos máis vídeos montados, espero que teñades tempo para mirar canta cousa bonita que se fixo.
Empezamos con Jorge de 4ºC que tamén fixo unha historia con títulos de contos. ¡Que artistas temos no colexio! ¡Da xenio!
No edificio da Lomba os alumnos do 1º Ciclo mostraron os seus libros favoritos e os seus disfraces.
No Anexo xa temos máis vídeos listos. ¡Aló imos!
Bicos mollados.
Rosalía
Xa está rematado o vídeo de Infantil do anexo para conmemorar o Día do Libro.
Espero que vos guste. Pouco a pouco máis.
Bicos Mollados.
Rosalía
Olaaaa!!!
Xa chegou!! Xa é 23 de abril!!! Día do Libro!! Que cantidade de disfraces, de marcapáxinas, de libros favoritos... tamén un pouco de vergoña 😁😁 que xa estiveron a me contar algúns paxariños que houbo quen recomendou nas súas aulas lecturas chulísimas, pero non quixo que se gravaran para que o resto do colexio o escoitase. Non pasa nada, todo isto ten que ser para pasalo ben, e non para fastidiar o día. Vou ter que traballar o fin de semana enteiro para vos poñer neste blogue as aportacións que me fixestes chegar, pero como mostra deixo uns marcapáxinas que fixeron no anexo e a única historia con títulos de libros que me chegou. Moitas gracias Manuel, é unha historia fantástica😍. Cando teña montados o resto dos vídeos, publicareinos, non teñades medo de que me despiste.
Bicos mollados.
Rosalía
Bo día:
Falta moi pouco para o Día do Libro, é o venres 23 de abril e coma tódolos anos, para a biblioteca é un día de festa. O ano pasado celebrámolo a distancia, cada un na súa casa, mandando vídeos e fotos dos marcapáxinas. Este ano aínda que estamos no cole, tampouco nos podemos xuntar, pero isto non vai impedir que disfrutemos do Día. Teño varias propostas:
Que pensedes no libro que máis vos gusta, ou un libro que estades a ler e que vos está a gustar moito, que sen dudalo o recomendariades. Se ademáis o traedes ao colexio e vos podedes caracterizar dunha das personaxes ou traedes un obxecto que teña relación co conto xa sería fantástico. Contádello aos vosos compañeiros/as e se non tedes vergoña, deixade que os mestres/as o graven e despois faremos un vídeo para que o resto do colexio saiba dos vosos gustos.
Se o ano pasado vos entrou ese vermiño de seguir facendo marcapáxinas, podedes ensinar as vosas obras de arte.
E por último, pero non menos importante, dade vía libre á vosa imaxinación, un reto!! ¿Escoitáchedes algunha vez unha historia contada con títulos de libros? Aqui vos deixo unha PREME AQUÍ para que teñades un exemplo. ¿Atrévese alguén a montar unha historia?
Os rapaces e rapazas de infantil da Lomba estánse a tomar moi en serio o da celebración deste Día, mirade como están a deixar de decorado todo o centro. Graciñas Profe Rosa💖💖😍
Aquí temos máis traballos que pouco a pouco van facendo que os nosos alumnos/as e as súas familias poidan coñecer cousas que seguro que doutro xeito nensequera se terían interesado.
Gran traballo de 5ºB
Bicos mollados.
Rosalía