Olaaaa!!!
Xa chegou!! Xa é 23 de abril!!! Día do Libro!! Que cantidade de disfraces, de marcapáxinas, de libros favoritos... tamén un pouco de vergoña 😁😁 que xa estiveron a me contar algúns paxariños que houbo quen recomendou nas súas aulas lecturas chulísimas, pero non quixo que se gravaran para que o resto do colexio o escoitase. Non pasa nada, todo isto ten que ser para pasalo ben, e non para fastidiar o día. Vou ter que traballar o fin de semana enteiro para vos poñer neste blogue as aportacións que me fixestes chegar, pero como mostra deixo uns marcapáxinas que fixeron no anexo e a única historia con títulos de libros que me chegou. Moitas gracias Manuel, é unha historia fantástica😍. Cando teña montados o resto dos vídeos, publicareinos, non teñades medo de que me despiste.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario