luns, 19 de abril de 2021

Achégase o Día do Libro

 Bo día:

Falta moi pouco para o Día do Libro, é o venres 23 de abril e coma tódolos anos, para a biblioteca é un día de festa. O ano pasado celebrámolo a distancia, cada un na súa casa, mandando vídeos e fotos dos marcapáxinas. Este ano aínda que estamos no cole, tampouco nos podemos xuntar, pero isto non vai impedir que disfrutemos do Día. Teño varias propostas:

  • Que pensedes no libro que máis vos gusta, ou un libro que estades a ler e que vos está a gustar moito, que sen dudalo o recomendariades. Se ademáis o traedes ao colexio e vos podedes caracterizar dunha das personaxes ou traedes un obxecto que teña relación co conto xa sería fantástico. Contádello aos vosos compañeiros/as e se non tedes vergoña, deixade que os mestres/as o graven e despois faremos un vídeo para que o resto do colexio saiba dos vosos gustos.

  • Se o ano pasado vos entrou ese vermiño de seguir facendo marcapáxinas, podedes ensinar as vosas obras de arte.

  • E por último, pero non menos importante, dade vía libre á vosa imaxinación, un reto!! ¿Escoitáchedes algunha vez unha historia contada con títulos de libros? Aqui vos deixo unha PREME AQUÍ para que teñades un exemplo. ¿Atrévese alguén a montar unha historia?

     

    Os rapaces e rapazas de infantil da Lomba estánse a tomar moi en serio o da celebración deste Día, mirade como están a deixar de decorado todo o centro. Graciñas Profe Rosa💖💖😍

     
     
    Bicos mollados.
    Rosalía

     

Ningún comentario:

Publicar un comentario