venres, 28 de abril de 2023

Mesa de luz

 Olaa.

Supoño que sabedes que temos nas bibliotecas mesas de luz coas que traballar e aprender moitas cousas. Aquí vos deixo unha pequena mostra que fixeron na aula de AL. Traballaron a discriminación con apoio visual de letra e adiviñaron a construcción das palabras que fan co fonema.


Bicos mollados.

Rosalía



martes, 25 de abril de 2023

Día do libro, 23 de abril do 2023

¡¡¡Que contenta estou!!! chegou o día do libro e xa sabedes que o de ler é algo que me presta ben. Nesta ocasión para celebrar este día tan especial, fixemos uns murais dos que dun libro aberto saían as recomendacións lectoras dos propios alumnos/as. No Anexo saíron en forma de foguetes, arcos da vella, paraugas, nubes... Na Lomba en forma de follas nas que ao conto en cuestión, acompañaba o picto e o número da CDU que temos na propia biblioteca, para así relacionar e saber dunha ollada a que recomendacións facer caso en primeiro lugar. Tamén houbo quen en vez de escribir, ou para completar o escrito, creou un código QR coa recomendación na que se escoitaba a súa voz. ¿e sabedes que? Eu aparezo no medio do código e cando se abre tamén. Ao final voume facer famosa, salgo en sellos de curso legal, no medio dos QR, teño un blog...😁

Como durante o curso tamén fixemos espurgo, aproveitamos este día para estirar eses exemplares e que quen quixera, puidera levar para casa un exemplar (en realidade, os voluntarios da biblioteca puideron levar dous, que para algo están a botar unha man sempre que se precisa)

 

E como parte da formación dos profes en biblioteca creativa, tamén estivo exposto o noso “Lerflix” coas recomendacións de 6 libros, un para infantil e 1º de primaria e outro para cada un dos cursos de primaria. Coa placa Makey Makey activábase cada un dos libros e soaba a recomendación e resumo de cada un deles. ¡¡¡Alucinaron!!!

 E como non podía ser doutro modo, os marcapáxinas tamén formaron parte deste día, algúns con debuxos dos medios de comunicación, e outros das mascotas da aula, o caso é ter con que sinalar onde quedara a lectura cando a retomamos.

Bicos mollados.

Rosalía

domingo, 23 de abril de 2023

Campións de oratoria

¡¡Que alegría que teño no corpo!! Unha representación de seis alumnos e alumnas de 6ºC, do edificio do Anexo, se presentaron á fase previa da II Edición do Torneo Escolar de Oratoria da Fundación Barrié. A esta fase se presentaron 45 centros de toda Galicia e eles quedaron de primeiros.

O 26 de maio terá lugar na Coruña a final e o seu turno de participación será ás 11:30 no Auditorio. Non sabemos se gañarán (seguro que si), pero o que está claro e que xa son campións e campioas, porque levan moitos recreos ensaiando e preparándose para este concurso e independentemente do resultado, o premio de saber falar en público, de argumentar e saber estar, xa está logrado. É unha aprendizaxe de e para a vida.

Nesta fase aínda que van 6 participantes, só falan 5, un está de reserva, pero a súa función é igual de importante que a do resto. Aquí queda un vídeo coa súa participación. ¡Que xenio falando!

 


Démoslles un grande aplauso e os nosos parabéns a Manuel Pedreira Sieyro, Nicolás Torres Cuevas, Sheila Tobío Millán, Aroa Moure Abalo, Mariña Puga Paulos e Alex Miguéns García xunto coa súa titora Carmen Gago.

https://www.farodevigo.es/arousa/2023/04/23/anexo-lomba-gana-fase-previa-86363677.html

Ata no periódico saíron, e non é para menos.

Bicos mollados.

Rosalía

venres, 21 de abril de 2023

Formación de biblioteca creativa

 Ola, o alumnado de 5º e 6º do Anexo e o de 5ºB da Lomba tivo a sorte de contar con Paola Guimeráns para aprender cousas sobre os E-textiles e sobre o pensamento computacional. Dentro das Bibliotecas creativas do PLAMBE ao que pertence o noso centro, podemos ter iniciativas coma esta.

O primeiro grupo, que xa traballara na clase cosendo, para se familiarizar coas agullas, con anebrar e facer nós para que non escape o fío unha vez dada a primeira puntada, aprendeu sobre os circuítos electrónicos, os polos negativos e positivos da electricidade, os fíos condutores para poder coser e que a información chegue, no seu caso, a unhas bombillas leds. Por suposto falamos da importancia de reciclar, de onde desbotar as pilas gastadas, algo que sabemos moi ben de participar en Pilabot e sobre todo na importancia de reducir e reciclar, en facer pezas ao noso gusto. ¿A que quedaron preciosos os deseños desta clase?

Os de 6º traballaron coa placa Microbit e case sen nos dar conta, xa estaban programando como auténticos profesionais. A programación con Make code é bastante sinxela, pois ao facelo por bloques é bastante intuitivo. A placa é moi chula, no colexio non temos, pero co éxito que tivo o taller e o que lles gustou, prometemos dende a biblioteca comprar para poder seguir programando e usando a nosa cabeciña. Mirade se estaban concentrados, que soou o timbre do recreo e ninguén se levantou, continuaron como se lles pegaran o cú na cadeira!!! 

 

En 5ºB traballaron coa placa Makey Makey, destas sí que xa temos na biblioteca e parte do profesorado xa é experto no seu uso, pois como sabedes, os profes tamén traballan para aprender cousas novas, interesantes e atractivas para levar ao cabo cos alumnos/as e que se aprenda dun xeito máis atractivo. A programación neste caso tamén foi por bloques, pero con Scratch. Aí estiveron facer mover ao gato dun lado a outro e acabaron facendo un cómic, con diferentes textos, acentos pero o mesmo modelo. Aprenderon tamén que o grafito, o material co que están feitos os lapis, é condutor da electricidade. Tamén que o noso corpo é condutor, deste xeito tocándonos pel con pel, podemos facer que a nosa programación coa placa funcione. Aquí non había timbre do recreo, ía ser a hora de marchar a casiña ou de baixar ao comedor e case tivemos que sacalos da biblioteca á forza.

 

A semente está plantada, ¡esperemos que agrome!

O mércores 3, volverá Paola para continuar coa formación na Lomba. ¡¡¡Xa nos tarda!!!

Bicos mollados.

Rosalía