¡¡¡Que contenta estou!!! chegou o día do libro e xa sabedes que o de ler é algo que me presta ben. Nesta ocasión para celebrar este día tan especial, fixemos uns murais dos que dun libro aberto saían as recomendacións lectoras dos propios alumnos/as. No Anexo saíron en forma de foguetes, arcos da vella, paraugas, nubes... Na Lomba en forma de follas nas que ao conto en cuestión, acompañaba o picto e o número da CDU que temos na propia biblioteca, para así relacionar e saber dunha ollada a que recomendacións facer caso en primeiro lugar. Tamén houbo quen en vez de escribir, ou para completar o escrito, creou un código QR coa recomendación na que se escoitaba a súa voz. ¿e sabedes que? Eu aparezo no medio do código e cando se abre tamén. Ao final voume facer famosa, salgo en sellos de curso legal, no medio dos QR, teño un blog...😁
Como durante o curso tamén fixemos espurgo, aproveitamos este día para estirar eses exemplares e que quen quixera, puidera levar para casa un exemplar (en realidade, os voluntarios da biblioteca puideron levar dous, que para algo están a botar unha man sempre que se precisa)
E como parte da formación dos profes en biblioteca creativa, tamén estivo exposto o noso “Lerflix” coas recomendacións de 6 libros, un para infantil e 1º de primaria e outro para cada un dos cursos de primaria. Coa placa Makey Makey activábase cada un dos libros e soaba a recomendación e resumo de cada un deles. ¡¡¡Alucinaron!!!
E como non podía ser doutro modo, os marcapáxinas tamén formaron parte deste día, algúns con debuxos dos medios de comunicación, e outros das mascotas da aula, o caso é ter con que sinalar onde quedara a lectura cando a retomamos.Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario