No
primeiro trimestre
deste curso 2020-2021 os grupos de 4ºA e 4ºB tivemos que facer un
cambio, por motivos alleos a nós, e comezamos polas actividades do :
PRODUTO
3: LUGARES HISTÓRICOS NO NOSO CONCELLO.
As
actividades programadas e realizadas foron:
Estudo
da “Prehistoria de Vilagarcía” (antes do s. XV): pazo de Vista
Alegre, convento de Vista Alegre, Castro Alobre, Monte Lobeira,
Cemiterio inglés, petroglifos de Bamio,
Localización
deses lugares no mapa, empregando “Google Maps”.
Traballos
individuais
de fotografías e recompilación
de información como tarefas extraescolares.
Elaboración
de traballos escritos coa información recadada
e envorcado
á páxina web do centro.
Visita
á “Casa das mil ventás”
(Pazo dos duques de Terranova”).
Montaxe
dun puzzle xigante da “Casa das mil ventás”
e exposición do mesmo no corredor do 2º andar.
Elaboración
dunha montaxe de vídeo
por Halloween con fotos da visita á “Casa das mil ventás”.
Elaboración
dunha montaxe de video coas fotos individuais que fixeron e fotos
antigas de lugares históricos de Vilagarcía.
A
actividade da visita a Cortegada programada xunto cos estas tarefas e
actividades, posponse para ver se
hai posibilidade
de realizala a finais de curso.
Todas
estas actividades realizáronse tanto de modo individual como grupal,
favorecendo a cooperación, a valoración e o respecto polo traballo
e produccións propias e alleas fomentando o traballo conxunto entre
as dúas clases (4º
A e 4ºB).
As
áreas
traballadas
con estas actividades foron: lingua castelá, lingua galega, ed.
plástica, ed. física, matemáticas, cc.naturais, cc. sociais e ed.
en valores.
GALERÍA
Tanto
as fotos como as montaxes de vídeo poden verse na aula virtual, na
páxina web do centro ou no blogue da biblioteca.
VIDEO:
“La casa de las 1000 ventanas y los moradores de A Lomba”.
https://youtu.be/C4GTsyT_HrU
VIDEO:
“Vilagarcía histórica”
https://youtu.be/21mP9je-jvs
No
segundo trimeste deste curso 2020-2021 os grupos de 4ºA e 4ºB
fixemos as actividades programadas e complementarias ao traballo do
primeiro trimestre.
PRODUTO
2: Elemento multimedia. “Personaxes célebres de Vilagarcía e
arredores”
Recabar
información a través da busca en libros, internet e transmisión
oral de familiares, sobre personaxes da zona que foron tan
relevantes que quedou Constanza deles en libros, nomes de rúas,
prazas, estatuas, placas conmemorativas…
Investigación
sobre a historia de cada unha destas celebridades. Busca de fotos e
localización de estatuas, rúas e placas de homenaxe.
Envorcado
da información nun elemento multimedia que se engadirá en forma de
libro dixital da nosa páxina da aula virtual.
Lectura
de poemas da escritora Xaquina Trillo (poetisa) polo día da muller.
Os
personaxes célebres incluídos no noso libro dixital colgado na
páxina do curso de 4º na aula virtual son: Castor Sánchez, Ramiro
Carregal, Rosa Diz, doutor Manuel Tourón, José Fontán, Antón Paz,
Enrique Valdés Bermejo, Xaquín Chaves, Xaquina Trillo, Carlos
Blanco, Felipe Rodríguez (“Pantera”), Víctor Viana, Manuel
Jiménez e o doutor Xosé Moreira Casal.
A
visita grupal aos puntos máis relevantes nos que hai algún elemento
en homenaxe a estas celebridades posponse para o vindeiro trimestre
xa que non se deron as condicións climatolóxicas axeitadas para
poder realizala.
Todas
estas actividades realizáronse tanto de modo individual como grupal,
favorecendo a cooperación, a valoración e o respecto polo traballo
e polas producións propias e alleas fomentando o traballo conxunto
entre as dúas clases (4º A e 4ºB).
As
áreas
traballadas
con estas actividades foron: lingua castelá, lingua galega, ed.
plástica, matemáticas, cc. sociais, TIC.s e ed. en valores.
Fotos
da celebración do día da muller.
Na
semana do 8 ao 12 de marzo, os nenos e nenas de 4ºB recitaron uns
poemas da poetisa vilagarciana XAQUINA TRILLO pola celebración do
DÍA DA MULLER.
No
terceiro trimestre deste curso 2020-2021 os grupos de 4ºA e 4ºB
fixemos unha pequena variación sobre as actividades programadas xa
que se deron mellores condición climatolóxicas para completar o
traballo iniciado no segundo trimestre.
PRODUTO
3: Elemento multimedia. “Estudo das nosas rúas e visita aos
monumentos conmemorativos de Vilagarcía”
Recabar
información sobre as persoas, feitos ou celebración que dan nome
ás rúas nas que viven os rapaces das nosas aulas.
Buscar
os elementos que resaltan na rúa onde vivimos e que a fan doada de
localizar para os demais.
Busca
en planos e Google maps a ubicación das nosas rúas.
Realización
dun traballo escrito individual sobre a información recabada e
envorcado nun elemento multimedia que será colgado na aula virtual
do curso.
Roteiro
polas rúas e visita aos monumentos conmemorativos facendo unha
xincana para dar rematado na estatua na honra do boxeador “Pantera”.
Comida
e tarde de xogos na Praia de Vilaxoán.
Todas
estas actividades realizáronse tanto de modo individual como grupal,
favorecendo a cooperación, a valoración e o respecto polo traballo
e polas producións propias e alleas fomentando o traballo conxunto
entre as dúas clases (4º A e 4ºB).
Hai
que darlle os parabéns a too o alumnado deste curso xa que se
cumpriron todas as expectativas de traballo coa dificultade engadida
de cumprir todos os protocolos COVID, como por exemplo nos
desprazamentos.
Todos
os desprazamentos foron a pé e facendo roteiros en grupos separados
para non romper os grupos burbulla.
As
áreas
traballadas
con estas actividades foron: lingua castelá, lingua galega, ed.
plástica, matemáticas, cc. sociais, TIC.s e ed. en valores.
Cabe
dicir que foi un tema que lle interesou moito aos rapaces, sobre todo
pola proximidade dos lugares de traballo e que, en moitas ocasión,
cada un traballou sobre a mesma rúa na que vive.
Pasárono
moi ben en todas as actividades aínda que foi unha mágoa non poder
compartir todas experiencias estando todos xuntos.
Agardamos
que esta situación mellore para o vindeiro curso.
Exemplos
dalgúns traballos realizados por rapaces de 4ºB
Eu
chámome Paula Ferro Mouriño e vivo na rúa Fonte da Coca.
Este
é un lugar onde, desde hai moitísimos anos, a xente vén a coller
auga para beber nas súas casas. Tamén é un parque onde xogan os
nenos e pasean os cans.
O
que non sabe moita xente é que existe unha lenda sobre este lugar e
vola vou contar:
“Un
home chamado Pablo ía deica á Feira do Vintecinco de Carril. Para
non perder tempo, decidiu saír cedo da casa, tanto que aínda era
noite pechada cando puxo rumbo cara alí. Ao chegar á altura da
fonte, atopouse de súpeto cunha moza de longos cabelos louros e
beleza suprema que non paraba de ollalo mentres gardaba as súas
galiñas. Sacándoo do seu ensimesmamento, a moza preguntoulle a onde
ía a aquelas horas tan temperás. Aínda que dubidoso, Pablo fíxolle
saber que se dirixía cara á Feira. Amosando un grande interese, a
moza pediulle que lle mercase unha clave de ouro para o galiñeiro,
xa que as aves non paraban de se lle escapar.
Preguntándolle
que gañaba el con iso, a moza respondeulle:
E
alá continuou Pablo o camiño deica Carril, cavilando se o que lle
prometera aquela extravagante muller sería verdade. Unha vez na
Feira, acordouse do favor pedido pola moza e, buscando entre a
multitude, atoupou a un home facendo zocos. Así, ocorréuselle
pedirlle un anaquiño de madeira a modo de clave que servise coma
peche para o galiñeiro. Ao rematar as compras, desfixo o camiño
para chegar de novo á súa casa. Á pasar pola fonte, atopouse outra
vez coa muller coidando das súas aves. Inmediatamente, requiriulle o
tan prezado obxecto. Desta forma, Pablo sacou o anaco de madeira e
deullo, ao que a loura respostou meténdose nun furado da fonte e
saíndo cun saco cheo de ouro.
Sen
entender moi ben o por qué daquela absurda prohibición, o home
colleu o saco e continuou o camiño de volta ao seu fogar. Mais, unha
vez cruzado o río, non foi quen de resistirse a abrir o saco para
comprobar se efectivamente contiña no seu interior as cen moedas
prometidas. Inesperadamente, todo o ouro comezou a se tornar carbón
no mesmo momento de abrilo.
E
este é o motivo polo que o terreo anexo á Maroma onde aconteceu tal
desgraza é coñecido actualmente coma “O Ouro”, na honra do home
que, froito da impaciencia, perdeu a oportunidade dunha vida
acomodada en cuestión de segundos.”
Desde
a miña casa podo ver o parque da Coca coa fonte, un bazar chinés,
unha fábrica de metal, o supermercado Alcampo e Mapfre.
O
que máis me gusta da niña rúa é A MIÑA CASA.
O
meu nome é Mathías Lizárraga Chávez e vivo na rúa Alejandro
Cerecedo.
Esta
rúa atópase entre a rúa Castelao e a avenida do Doutor Tourón. O
nome desta rúa está adicado a Alejandro Cerecedo, un profesor dunha
escola de rapaces que se chamaba LEÓN XIII e estaba onde hoxe se fai
o mercadillo.
Este
Mestre foi a Inglaterra a completar os seus estudos e ao volver
fundou unha academia. Por todo este traballo de ensino a tantos
rapaces, se decidiu pedir que se lle puxera o seu nome a unha rúa de
Vilagarcía.
Tamén
ten unha escultura co seu busto nos xardíns do Doutor Fleming.
Desde
a niña rúa podo ver o parque da Xunqueira, a Praza de España, o
Centro Comercial, a panadería Yoli e a tenda Emilio Iglesias.
O
que máis me gusta da miña rúa é o Parque da Xunqueira.
Somos
Iria Varela Besteiro e Chiara Hernández Placer e vivimos na rúa
Vilaboa de Sobradelo
Moi
pretiño da nosa casa hai unha fonte moi antiga e coñecida da que
vos deixamos unha fotografía
Chámome
Rbison Hernando Villamil Ibarra aínda que todos os meurs amigos
chámanme Nando, vivo no paseo García Caamaño.
Dende
aquí podo ver o parque da Xunqueira, un dos lugares máis coñecidos
de Vilagarcía e onde moitas veces cobran protagonismo as festas de
Santa Rita co Mercado Medieval e de San Roque con concertos, fixen
unhas cantas fotos para que coñezades o lugar.