Ola!!!!
Este ano veño con moitas enerxías así que decidín formar nesta nosa lagoa clubes de Lectura. Coma nestas reunións o que facemos é debullar contos e historias, falar deles e sacarlle todo o seu xugo, así quedou o nome: "Debullando Contos" ¿Gústavos?
Estou contentísima, porque ainda que sabía que fixo que íanse apuntar moitos rapaces e rapazas, o resultado foi espectacular!!! Oito grupos e iso que este ano, somentes llo ofertamos a 4º, 5º e 6º, que estamos a comezar e ainda non sabemos moi ben como vai saír este "experimento" Fixemos de dous tipos, de narrativa en prosa e de comic manga.
Ó día seguinte, foi o turno dos de 4ºA e 4ºB que son tantos que houbo que facer dous grupos. Eles comezaron co manga e desta volta si que fixemos as fotos. O profe Fernando é quen leva estes grupos de Manga, non podía ser doutro xeito, é o mestre especialista!!!
Nas próximas semanas teremos máis reunións e comentaremos como vai a lectura, o que máis nos gustou (ou non), as cousas que nos chaman a atención... en fin, debullar as historias, que é do que se trata.
Bicos mollados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario