mércores, 31 de maio de 2023

PDI 3ºC e 4ºC

 Ola, desta volta vai o traballo de 3º e 4º do Anexo.

1º PERÍODO

Comezamos a nosa andadura investigando sobre os medios de comunicación usados polos nosos antepasados: sinais de fume, palomas mensaxeiras, pinturas rupestres…, comparando estes cos medios actuáis.

Fomos visitar unha exposición de selos ao edificio da Lomba e tivemos unha charla moi interesante sobre como se desenvolve o traballo en Correos e cal é a finalidade dos selos nas cartas e paquetes. Despois disto afondamos un pouco máis no tema e realizamos traballos e exposicións orais dos mesnos aos nosos compañeiros.


Recordamos o que sabiamos sobre linguaxe de signos e cantamos unha panxoliña coa linguaxe de signos.

2º PERÍODO

Volvimos a traballar sobre a linguaxe de signos e o Braille a través da lectura comentada do libro “Palabras de Caramelo”.

Traballamos os textos escritos en diferentes formatos: cartas, entrevistas, noticias… para recoller os diversos acontecementos ocurridos no centro ao longo do curso, co fin de participar na revista que ía ser levada a cabo por todo o centro Anexo, e que finalmente non se realizou.

CONCLUSIÓN

Aínda que houbo cousas que estando programadas non se fixeron, todo o traballado despertou moito interese nos alumnos, destacando, entre outros, a exposición de selos e a lectura do libro.






Bicos mollados.

Rosalía

venres, 26 de maio de 2023

4ºA e 4ºB PDI

 Olaa. Os que nos contan as súas experiencias son os de 4ºA e 4ºB.

1º TRIMESTRE



TRABALLAMOS A EVOLUCIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.


Mediante postas en común e asembleas fomos vendo que medios empregan a día de hoxe os nenos e nenas para comunicarse así como as súas familias.


Logo, avanzamos cara o pasado para coñecer os medios de comunicación antes do correo electrónico, Abalar, Whattsapp, Internet… Para iso tomamos como referencia a Harry Potter e o seu sistema de correo mediante os mouchos e curuxas.

ESCRIBIMOS CARTAS E CORREOS ELECTRÓNICOS

Finalizamos o trimestre elaborando individualmente cartas para enviar ao destinatario elixido.


Por outra banda, escribimos un correo electrónico ao destinatario elixido coñecendo as súas partes.


2º TRIMESTRE



AS SECCIÓN DO XORNAL



Para traballar o xornal aproveitamos a hora semanal de biblioteca na que fomos lendo e comentando as novas máis chamativas. Fómonos fixando na sección na que se atopaban...


Mural sobre coas noticia de maior interese clasificadas en función da sección.

REESCRIBIMOS

NOTICIAS

Analizamos por equipos varias noticias para ver as súas partes e as seis preguntas básicas que debe responder este texto xornalístico: que, quen, como, cando, onde e por que.

Pola semana da prensa fomos reelaborando noticias que atopamos no xornal.


ESCRIBIMOS NOTICIAS ABSRUDAS

Facendo uso da imaxinación, inventamos noticias absurdas, como por exemplo, Papá Noel xubílase.

MULLERES XORNALISTAS POLO 8M

Co gaio o 8M centramos a nosa atención en dúas xornalistas de orixe galega: María Luz Morales e Sofía Casanova.

De igual xeito, estudamos a traxectoria de mulleres máis alá do xornalismo e montamos un mural titulado Televisando o 8M.


3º TRIMESTRE


XORNAL DE AULA.

Ao longo do trimestre fomos recollendo nun xornal de aula todas aquelas actividades levadas a cabo no centro durante o curso e que nos resultaron de máis interese.

PROGRAMA DE TELEVISIÓN

Elaboramos un programa de Televisión chamado Telediomba, empregando Croma e facendo fincapé en diferentes temáticas: noticias, anuncios, reportaxes...


Introdución ao PDI

Bicos mollados.

Rosalía




mércores, 24 de maio de 2023

PDI de 1ºC e 2ºC

Olaaaa. Isto é o que nos contan dende o Anexo do seu PDI:

Os obxectivos no PDI foron acadados polo alumnado ao longo do curso escolar. As actividades levadas a cabo resultaron bastante atractivas, lúdicas e interesantes aos alumnos/as. Traballamos moito a nivel oral, para favorecer o desenvolvemento da linguaxe, sobre todo en aqueles nenos-as que teñen máis dificultades e tendo en conta , tamén, que como habitualmente se expresan en castelán , teñen moita dificultade para facelo en galego.

Fixemos fincapé na importancia de recoñecer os medios de comunicación máis actuais e en poñer en valor outros que están máis esquecidos ( prensa escrita,radio, cartas...) que tamén utilizamos para completar a información.

En canto ao produto final, a interpretación da panxoliña, empregando a linguaxe de signos, resultou moi satisfactoria. Os alumnos/as van adquirindo cada vez máis vocabulario e interiorizando a importancia que ten poder ter outra canle de comunicación con outras persoas.

Por falta de tempo non foi posible realizar a elaboración da revista escolar. Aínda que sí se traballou na recollida da información para a elaboración de noticias. Tamén se fixo un “telexornal” coas noticias que se redactaron.

Traballo de 2ºC. “Telexornal”





Traballo de 1º C. Medios de comunicación.

  Valoramos polo tanto positivamente o traballo realizado xa que consideramos que o alumnado levou a cabo unha boa aprendizaxe da proposta de traballo.

Bicos mollados.

Rosalía

PDI de 3ºA e 3ºB

 Neste curso o tema do PDI é os medios de comunicación e por iso fixemos a nosa programación con diversas actividades para que o noso alumnado puidera investigar, traballar e aprender sobre eles.

No 1º trimestre investigamos sobre a radio e visitamos a exposición realizada no noso centro de aparellos antigos e a información da radio sobre todo na parte de Galicia. Traballamos a importancia de ter un bo guión para organizar un programa de radio e acudimos á gravación dun deles no propio centro en colaboración con "Radio Ondiñas" Non puidemos facer a parte na que nós eramos os entrevistadores, pois non foi posible compaxinar a axenda da locutora a que iamos entrevistar. Quedou pendiente para finais de maio.

 

Traballamos a redacción de postais en contraposición ás cartas, as distintas partes, a privacidade dunha e outra, intercambiamos postais de Nadal unha aula coa outra e mandamos ás nosas casas outra, sabendo que é preciso poñer nos sobres o enderezo da persoa/a á que lla queremos enviar e que é moi aconsellable poñer tamén o remitente, para que se hai algún problema, podamos ter de volta as nosas cartas. Obviamente, o sello, o franqueo non pode faltar, pois é un servizo que non é gratis.

Neste 1º trimestre ía haber unha exposición de sellos que foi cambiada para o 2º trimestre.

Empezamos a investigar sobre as abellas e empregamos a biblioteca para tal fin.

No 2º trimestre comezamos a relación epistolar co alumnado do CEIP Torre -A Illa, con cartas de presentación e solicitude de resposta. Foron acompañadas nalgúns casos de ilustracións e/ou debuxos.


Co gallo do Día da Paz tamén aprendimos moitas cousas sobre as Pombas mensaxeiras, que eran o xeito de se comunicar a distancia duns lugares a outros que estiveran afastados e que ata hai ben pouquiño aínda eran usadas no exército. Tivemos a sorte de os nosos cursos estivesen na charla e poder ver de cerca e incluso tocar a algunhas delas.

Xa coa exposición de sellos no centro, aproveitamos para saber un pouco máis sobre este mundo. Cando empezaron, cando se usou por primeira vez en España, as distintas formas e as distintas composicións, que hai en 3D, con sementes... e comezamos a nosa propia colección!


Tamén aprendimos sobre o mundo do cine e traballamos con diferentes películas para falar de guións, tramas, temática... de feito no Entroido a temática do colexio este ano foron as películas de cine e a nosa aula foi de Minións. Con platino Educa poidemos desfrutar do visionado.

                     



 No 3º trimestre continuamos aprendendo sobre as abellas e fomos de excursión ao Museo vivente do Mel, "O Enredo do Abelleiro" onde puidemos comprobar o que xa sabiamos e o que non. As abellas tamén se comunican, pero bailando!! Con toda a información gravamos un pequeno documental Tamén imprimimos en 3D algunha abella, panal...



Temos a entrevista a Sara Meijide que traballa na Ser de Lugo, que quedara pendiente do primeiro trimestre.

 En xeral podemos dicir que estamos moi contentos cos resultados deste curso e co que aprendimos sobre diferentes médios de comunicación.



luns, 22 de maio de 2023

PDI de 1ºA e 1ºB

 Olaaa. O alumnado de 1ºA e 1ºB conta todo o que aprenderon neste PDI.

Durante este curso 2022/23 os rapaces e rapazas de 1ºA e B coñecimos osprincipais medios de comunicación:
Na festa de entroido mergullámonos por completo no mundo do cine.
Fumos expectadores da película de “Inside Out” (do revés) e aproveitamosesta festa tan divertida para disfrazarnos dos seus personaxes e grabar a nosa versión da película.


O cine seguiu moi presente nas nosas aulas ao longo de todo o curso, sendo un gran compañeiro sobre todo nos recreos chuviosos, e coñecendo as distintas bandas sonoras das películas que víamos, facendo xogos e indo ao concerto didáctico que se celebrou no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o pasado 25 de abril. Pasámolo xenial cantando e bailando todas esas cancións que tanto nos gustan!!


Tamén traballamos o correo postal e o 27 de marzo transformámonos en carteiros e coñecemos como funciona este traballo tan interesante. Ademais tamén tivemos a sorte de ter no cole unha exposición de selos e poder aprender a súa importante tradición e historia.



Escoitamos en rigoroso directo un programa de “Radio Ondiñas” onde os nosos compañeiros do cole entrevistaron a personalidades como Gustavo César Veloso e a Jesús Nogueira, músico e director da banda de música de Vilagarcía.

Limos un montón de contos e revistas, traballamos con xornais e folletos publicitarios. Pasámolo en grande e divertimonos un montón!

Bicos Mollados.

Rosalía

sábado, 20 de maio de 2023

PDI de 6ºA e 6ºB

 Olaaa, agora tócalle o turno aos de 6º para nos contar o que fixeron:

Neste curso 2022-23 os grupos de 6ºA e 6ºB realizamos prácticamente a totalidade das actividades programados a principio de curso engadindo algunha máis que consideramos axeitada para completar o estudo dos medios de comunicación.

Foi un estudo moi interesante e ameno da evolución dos medios de comunicación ao longo do tempo con actividades realizadas en cooperación por parte do alumnado de ámbolos dous grupos.

A continuación expoñemos as actividades que se realizaron ao longo dos tres trimestres e ao final unha galería de imaxes.

1º trimestre

Mural: HISTORIA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

  • Buscamos datos na rede, en libros... sobre a evolución dos medios de comunicación, desde a antigüidade ata os nosos días

  • Elaboramos textos coas informacións recabadas.

  • Elaboramos un mural

  • Grabamos un programa de radio con entrevistas (programado para o 2º trimestre) en colaboración con RADIO ONDIÑAS. RADIOemociónate



 2º trimestre

  • Estudio dos programas informativos e lúdicos que se ofrecen na nosa Comunidade (TVG)

  • Reciclaxe” de programas.

  • Redacción de noticias para unha revista, xornal ou para un programa “magazine”

  • Estudio da publicidade dentro dos programas, xornais e revistas

  • Elaboración dunha revista en formato mural a expoñer polo corredor.

  • Charla “Un mundo de sellos”. Obradoiro.

  • Entroido: disfraces temáticos relacionados co proxecto

     


 

 3º Trimestre

  • Investigación e estudo do funcionamento das redes sociais máis coñecidas.

  • Charla sobre os perigos das redes sociais (Policía Nacional)

  • Investigación sobre os perigos das redes: “Aceptar os termos e condicións”, perda da intimidade...

  • Exposición oral.

  • Elaboración de carteis informativos sobre redes sociais.


     





    Bicos mollados.

    Rosalía

PDI 2ºA e 2ºB

 Bo día a todo o mundo.

Hoxe ensinamos as actividades destes dous cursos e son eles quen o contan

Neste curso comezamos traballando os carteis publicitarios como medio de comunicación. No primeiro trimestre analizamos as partes dun cartel publicitario e observamos e analizamos diferentes exemplos. Despois organizados en equipos cooperativos deseñamos os nosos propios carteis publicitando as actividades que se ían realizar durante a festa de Nadal do cole.

 


A maiores desta actividade, tamén durante o primeiro trimestre escribimos unha postal de Nadal, que posteriormente enviamos a través de correos ás casas dos alumnos. Para realizar esta actividade os nenos aprenderon as partes dun sobre e como situar o remitente e o destinatario, así como a escribir os seus enderezos. Tamén calculamos o prezo dos selos postais e dos sobres necesarios para que a postal chegase aos domicilios.

Outro medio de comunicación no que tamén investigamos foi a radio. Os nenos en nenas asistiron a gravación dun programa de radio en directo na escola e tamén visitamos unha exposición de radios antigas con paneis informativos situada no primeiro andar do centro. Para coñecer algo máis deste medio de comunicación visualizamos un vídeo sobre as orixes da súa creación.


Durante o segundo trimestre realizáronse diferente actividades, a maiores das planificadas inicialmente. As aulas de 2ºA e 2ºB participaron nunha actividade organizada en colaboración con Correos, na que aprenderon sobre a historia do correo postal, os diferentes elementos dunha carta, visualizaron tipos de selos, e levaron algúns exemplares de selos para iniciar a súa propia colección filatélica. A actividade tamén incluíu a visita a unha exposición de selos no propio centro educativo.

 

Tamén neste trimestre iniciaron a súa propia correspondencia con nenos e nenas do CEP Magariños, en Cambados. Para realizar esta actividade coa colaboración dos titores de 2º, emparellamos a todos os nenos e nenas para que mantivesen correspondencia con outro neno ou nena dese centro. Comezamos a correspondencia lembrando as partes dunha carta e continuamos con esta actividade durante o terceiro trimestre, empregando tamén o correo electrónico así como o envío por correo postal cunha saída ao caixa de correos postal.

Como complemento a esta actividade, analizamos as partes dun correo electrónico e escribimos en papel un borrador dun correo.

Este trimestre tamén traballamos os elementos da publicidade e os anuncios por palabras. Os nenos e nenas de ambas clases organizados en parellas crearon os seus propios anuncios por palabras, que se expuxeron na aulas.

A maiores traballamos as entrevistas na radio, facendo pequenas dramatizacións de entrevistas a deportistas e interpretando os distintos roles de entrevistadores e entrevistados, traballando tamén a expresión oral.

3º Trimestre

Durante o terceiro trimestre continuamos co intercambio de correspondencia do CEP Antonio Magariños Pastoriza, que remataremos cunha derradeira carta que enviaremos por correo ordinario, coa súa correspondente visita á caixa de correos que se atopa preto do centro educativo.

A maiores os nenos e nenas enviarán unha última correspondencia por correo electrónico. Para rematar esta experiencia levaremos a cabo unha videochamada aproveitando a nova PDI que nos instalaron, para que os nenos e nenas se poidan coñecer.

Nestas últimas semanas tamén traballamos a confección de carteis informativos sobre diferentes eventos. Os nenos e nenas confeccionaron cadanseu cartel e despois expuxémolos na aula.

 Non diredes que non foron traballadoriños e traballadoriñas...

Bicos mollados.

Rosalía

venres, 19 de maio de 2023

PDI de 5ºA e 5ºB

Olaa, o alumnado de 5ºA e 5ºB deixa aquí a mostra do seu traballo neste curso sobre os medios de comunicación. 

Seguindo o establecido na programación que realizaron ao comezo do curso, levaron adiante as seguintes actividades, xunto cos seus respectivos produtos: 

• 1º TRIMESTRE MURAL RECOPILATORIO DE DIFERENTES XORNAIS DE PRENSA ESCRITA 

 O alumnado estivo recompilando prensa escrita: local, autonómica, nacional, deportiva e estranxeira. Traballaron as diferentes linguas dos xornais, xeografía, plástica, analizaron varias noticias (sobre todo de prensa estranxeira) e realizaron un mural, indicando con bandeiras os diferentes países de procedencia da prensa escrita estranxeira. 

 


 • 2º TRIMESTRE EXPOSICIÓN SOBRE NOTICIAS (INVENTADAS) DE “AS NOVAS DA LOMBA” 

Realizaron, en cartulina para que fose máis doado de ver e consultar por todo o alumando do centro, noticias inventadas. Traballaron a lingua galega, lingua castelá, a creatividade, a orixinalidade, e ao ser un traballo colectivo o resultado foi moi enriquecedor. Aproveitaron a actividade para enfocar a importancia dunha prensa obxectiva, así como as partes dunha noticia, a súa estrutura e a ortografía e gramática correspondente. A creación dos murais foi moi orixinal, traballando a plástica e o grafismo. 

 

 • 3º TRIMESTRE EXPOSICIÓN A DIFERENTES GRUPOS DO CENTRO (4ºs) DE COMUNICADORES IMPORTANTES E NOVOS COMUNICADORES

 Para poñer en relevancia a importancia das novas formas de comunicar, sobre todo os novos modelos de comunicación (streamers, youtubers...), fixeron que por grupos investigaran e organizaran un traballo para ser presentado ao alumnado do centro, de forma oral. Traballaron a lingua, a expresión oral, expresión escrita, vocalización, expresión corporal... aproveitando para falar da importancia dos medios de comunicación, así como os perigos dun uso inadecuado de ditos medios. Focalizaron a temática de internet, os seus aspectos positivos, pero insistindo moito nos grandes perigos que ten a rede. 


 








 Bicos mollados.

Rosalía