mércores, 24 de maio de 2023

PDI de 1ºC e 2ºC

Olaaaa. Isto é o que nos contan dende o Anexo do seu PDI:

Os obxectivos no PDI foron acadados polo alumnado ao longo do curso escolar. As actividades levadas a cabo resultaron bastante atractivas, lúdicas e interesantes aos alumnos/as. Traballamos moito a nivel oral, para favorecer o desenvolvemento da linguaxe, sobre todo en aqueles nenos-as que teñen máis dificultades e tendo en conta , tamén, que como habitualmente se expresan en castelán , teñen moita dificultade para facelo en galego.

Fixemos fincapé na importancia de recoñecer os medios de comunicación máis actuais e en poñer en valor outros que están máis esquecidos ( prensa escrita,radio, cartas...) que tamén utilizamos para completar a información.

En canto ao produto final, a interpretación da panxoliña, empregando a linguaxe de signos, resultou moi satisfactoria. Os alumnos/as van adquirindo cada vez máis vocabulario e interiorizando a importancia que ten poder ter outra canle de comunicación con outras persoas.

Por falta de tempo non foi posible realizar a elaboración da revista escolar. Aínda que sí se traballou na recollida da información para a elaboración de noticias. Tamén se fixo un “telexornal” coas noticias que se redactaron.

Traballo de 2ºC. “Telexornal”





Traballo de 1º C. Medios de comunicación.

  Valoramos polo tanto positivamente o traballo realizado xa que consideramos que o alumnado levou a cabo unha boa aprendizaxe da proposta de traballo.

Bicos mollados.

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario