venres, 19 de maio de 2023

PDI de 5ºA e 5ºB

Olaa, o alumnado de 5ºA e 5ºB deixa aquí a mostra do seu traballo neste curso sobre os medios de comunicación. 

Seguindo o establecido na programación que realizaron ao comezo do curso, levaron adiante as seguintes actividades, xunto cos seus respectivos produtos: 

• 1º TRIMESTRE MURAL RECOPILATORIO DE DIFERENTES XORNAIS DE PRENSA ESCRITA 

 O alumnado estivo recompilando prensa escrita: local, autonómica, nacional, deportiva e estranxeira. Traballaron as diferentes linguas dos xornais, xeografía, plástica, analizaron varias noticias (sobre todo de prensa estranxeira) e realizaron un mural, indicando con bandeiras os diferentes países de procedencia da prensa escrita estranxeira. 

 


 • 2º TRIMESTRE EXPOSICIÓN SOBRE NOTICIAS (INVENTADAS) DE “AS NOVAS DA LOMBA” 

Realizaron, en cartulina para que fose máis doado de ver e consultar por todo o alumando do centro, noticias inventadas. Traballaron a lingua galega, lingua castelá, a creatividade, a orixinalidade, e ao ser un traballo colectivo o resultado foi moi enriquecedor. Aproveitaron a actividade para enfocar a importancia dunha prensa obxectiva, así como as partes dunha noticia, a súa estrutura e a ortografía e gramática correspondente. A creación dos murais foi moi orixinal, traballando a plástica e o grafismo. 

 

 • 3º TRIMESTRE EXPOSICIÓN A DIFERENTES GRUPOS DO CENTRO (4ºs) DE COMUNICADORES IMPORTANTES E NOVOS COMUNICADORES

 Para poñer en relevancia a importancia das novas formas de comunicar, sobre todo os novos modelos de comunicación (streamers, youtubers...), fixeron que por grupos investigaran e organizaran un traballo para ser presentado ao alumnado do centro, de forma oral. Traballaron a lingua, a expresión oral, expresión escrita, vocalización, expresión corporal... aproveitando para falar da importancia dos medios de comunicación, así como os perigos dun uso inadecuado de ditos medios. Focalizaron a temática de internet, os seus aspectos positivos, pero insistindo moito nos grandes perigos que ten a rede. 


 








 Bicos mollados.

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario