xoves, 4 de maio de 2023

Máis formación dentro da biblioteca creativa

 Olaaaa, desta volta foi o alumnado de 5ºA e 6º  da Lomba o que tivo a sorte de contar con Paola Guimeráns para aprender cousas sobre o pensamento computacional, as placas Makey makey e as placas microbit. Grazas ás Bibliotecas creativas do PLAMBE ao que pertence o noso centro, podemos ter iniciativas coma esta.

Os de 6º traballaron coas Microbit e por conseguinte coa programación de Makecode. Eu tiven a sorte de estar en primeira fila, coma axudante de Paola, que ata no colo me tivo😍. Despois de tanta formación xa case son unha experta😁 Aprenderon non só a programar, senón a pensar, a reflexionar, a inventar posibles aplicacións ao que se deseña... Porque isto dos ordenadores é máis que informática, é un xeito de repensar o mundo e o futuro, e os nosos alumnos e alumnas son o futuro.

En 5ºA traballaron con Scratch e as placas makey makey e, igual que os de 5ºB, deseñaron o seu cómic, aprenderon sobre circuítos, transmisión da electricidade... moi completo todo e sobre todo moi divertido. Para o ano temos asegurada a diversión e o traballo.

Aquí queda unha mostra desta fabulosa formación e, como mascota da biblioteca, non podo outra cousa que agradecerlle a Paola que nos aprendese tanto e tan ben. Ten un dos nenúfares da miña Lagoa á súa disposición se quere vir por aquí de novo.

Bicos mollados.

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario