Onte o alumnado de 6º que se apuntou ao noso club de lectura "Debullando Contos" tivo a primeira xuntanza no recreo. Comezamos polos de narrativa e a obra escollida nesta ocasión foi "Plan de Rescate" de Antía Yañez. Entre as conversas que alí houbo, unha fíxome moita gracia. A profe Mariel estaba dicindo que non sabía se lles gustaría ou non o libro, e unha das rapazas contestoulle: "Sempre nos dis o mesmo e sempre nos gustan, ¿por que cres que non nos ía gustar?" Claro, a pregunta era boa, pero a resposta que levaron tamén, non toda a xente ten os mesmos gustos, e o que a un lle gusta a outro pode espantarlle.
Os clubs de lectura son para ler un libro e falar sobre el, ou de empezar ler un libro, non gostarte e non seguir lendo, pero despois na reunión, falar e dicir que foi o que fixo que deixaras o libro aparcado. Aínda que non o leas, participas do club.
Aquí vedes ós participantes.
E hoxe foi a quenda dos de 5º tamén de narrativa. Tiñan para escoller "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas ou coma o grupo anterior, "Plan de rescate". Gañou Escarlatina por goleada. Se cadra é porque aínda hai pouco que celebramos o Samaín e andan os espíritos danzando😂 Iso si, teñen claro que a seguinte lectura vai ser a de Antía Yañez. Déixovos outra fotiña deste grupo.
Bicos mollados.
Rosalía