luns, 29 de novembro de 2021

E hoxe máis Clube de Lectura de 6º

 O alumnado de 6º que está a ler El herrero de la luna llena reuniuse hoxe para falar sobre o libro coa profe Charo. Están a aprender moitas cousas interesantes sobre o Camiño e as supersticións que había naquela época.





Bicos mollados.

Rosalía


venres, 26 de novembro de 2021

DR.SLUMP con 4ºB

 O clube de lectura continúa e foron os de 4ºB os que hoxe despois de ler o primeiro tomo de Dr. Slump e comentar con Fernando o que máis e menos lles gustara, pediron que na biblioteca continuase a colección para non quedar coa intriga do que pasa. 

Algúns tiveron a sorte de poder facerse unha fotografía coa gorra de Arale e coa boneca que xa é máis vella ca eles, pois leva uns 20 anos na casa de Fernando, pero todos e todas as puideron manipular. 

Como non, miraron trozos dos debuxos na televisión e a relación con Son Goku. ¡¡¡A de cousas que aprendín hoxe escoitándoos!!!


Bicos mollados.

Rosalía

xoves, 25 de novembro de 2021

25N NA BIBLIOTECA

 Nesta xornada de visibilización e de traballo na escola por parte do equipo de Igualdade, a biblioteca por suposto que ten moito que dicir. As lecturas que vos propuxemos foron de viaxe polas aulas e axudaron a entender un pouquichiño mellor que quere dicir isto de Violencia de Xénero.



O colexio luciu así de ben e coas nosas pulseiras (eu tamén teño) levamos fora do centro a nosa mensaxe. Na páxina web do centro están  os enlaces dos vídeos e máis do anuncio co que pretendemos facer chegar as familias e a contorna o que pensamos.

https://youtu.be/tPIVHm-qaiI

https://youtu.be/KGm-UgI3v3U

https://youtu.be/hueZng9RqLY

Bicos mollados.

Rosalía


domingo, 21 de novembro de 2021

O Magosto. Receitas con castañas.

Dende o equipo de normalización pediron para este Magosto que dende as casas investigaran e trouxeran refráns, ditos, receitas de castañas... Na aula de 2ºB fixeron a súa parte e ademais deses refráns, a receita que trouxo Anaís pareceulles tan apetecible, que decidiron facela na Biblioteca, pero como non reservaran a hora e xa estaba ocupada, levaron o forno para a clase. Deíxovos o vídeo de todo o proceso.



Bicos mollados.
Rosalía



venres, 12 de novembro de 2021

¡¡¡DEBULLANDO CONTOS!! Clube de lectura da nosa Lagoa

 Ola!!!!

Este ano veño con moitas enerxías así que decidín formar nesta nosa lagoa clubes de Lectura. Coma nestas reunións o que facemos é debullar contos e historias, falar deles e sacarlle todo o seu xugo, así quedou o nome:  "Debullando Contos" ¿Gústavos?

Estou contentísima, porque ainda que sabía que fixo que íanse apuntar moitos rapaces e rapazas, o resultado foi espectacular!!! Oito grupos e iso que este ano, somentes llo ofertamos a 4º, 5º e 6º, que estamos a comezar e ainda non sabemos moi ben como vai saír este "experimento" Fixemos de dous tipos, de narrativa en prosa e de comic manga. 

O 10 de novembro comezaron os de 6º recollendo o libro : "El herrero de la luna llena" A mestra Charo é a encargada deste grupo e do grupo dos de 5º é a mestra Mariel co libro: "Formigas Misión Camiño de Santiago". Para que o noso Camiño do PDI se enriqueza eleximos estes dous títulos. Coa emoción esquecimos facer fotos destas primeiras reunións. Prometemos que para a seguinte estaremos todos ben guapiños e guapiñas😁


Ó día seguinte, foi o turno dos de 4ºA e 4ºB que son tantos que houbo que facer dous grupos. Eles comezaron co manga e desta volta si que fixemos as fotos. O profe Fernando é quen leva estes grupos de Manga, non podía ser doutro xeito, é o mestre especialista!!!


Nas próximas semanas teremos máis reunións e comentaremos como vai a lectura, o que máis nos gustou (ou non), as cousas que nos chaman a atención... en fin, debullar as historias, que é do que se trata.

Bicos mollados.

Rosalía


mércores, 3 de novembro de 2021

CURTAS

 En Vilagarcía temos a sorte de que se celebren actividades como Curtas, Festival do imaxinario, e dentro del, a literatura tamén ten o seu recuncho. O escritor Xan Eguía, falou de "Seres mitolóxicos do Camiño" Entrevista a Xan Eguía  que tan ben cae para o PDI deste ano, e falando de Banda deseñada, trouxeron a Inés Vázquez. Entrevista a Inés Vázquez

 Ista escritora e debuxante galega deste precioso libro "Aldara", que despois de que rematara a súa entrevista, tivo a ben asinar, adicar e debuxar un exemplar para que poidamos ter na nosa lagoa. Nel fala da lenda da Cerva Branca, no Courel. ¡¡Non o perdades!!





Bicos mollados.

Rosalía.