Nesta xornada de visibilización e de traballo na escola por parte do equipo de Igualdade, a biblioteca por suposto que ten moito que dicir. As lecturas que vos propuxemos foron de viaxe polas aulas e axudaron a entender un pouquichiño mellor que quere dicir isto de Violencia de Xénero.
O colexio luciu así de ben e coas nosas pulseiras (eu tamén teño) levamos fora do centro a nosa mensaxe. Na páxina web do centro están os enlaces dos vídeos e máis do anuncio co que pretendemos facer chegar as familias e a contorna o que pensamos.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario