martes, 16 de maio de 2023

Makey makey en 4 anos e 2º da Lomba

 Olaaa, xa o sei, son unha pesada, que se lle vai facer...

É que non me canso de vos ensinar o que tal facemos no colexio. As mestras e mestres están a lle sacar partido ás nosas placas, e a cabeciña non lles para creando actividades para desfrute dos alumnos e alumnas do centro. Desta volta podedes ver o que investigan os de 4 anos e como repasarán os de 2º as partes da flor en dúas versións, flor en papel e en tres dimensións cunhas flores de tela, combinando as makey makey e os e-téxtiles.


¿ É ou non é chulo?

Bicos mollados.

Rosalía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario