mércores, 24 de maio de 2023

PDI de 3ºA e 3ºB

 Neste curso o tema do PDI é os medios de comunicación e por iso fixemos a nosa programación con diversas actividades para que o noso alumnado puidera investigar, traballar e aprender sobre eles.

No 1º trimestre investigamos sobre a radio e visitamos a exposición realizada no noso centro de aparellos antigos e a información da radio sobre todo na parte de Galicia. Traballamos a importancia de ter un bo guión para organizar un programa de radio e acudimos á gravación dun deles no propio centro en colaboración con "Radio Ondiñas" Non puidemos facer a parte na que nós eramos os entrevistadores, pois non foi posible compaxinar a axenda da locutora a que iamos entrevistar. Quedou pendiente para finais de maio.

 

Traballamos a redacción de postais en contraposición ás cartas, as distintas partes, a privacidade dunha e outra, intercambiamos postais de Nadal unha aula coa outra e mandamos ás nosas casas outra, sabendo que é preciso poñer nos sobres o enderezo da persoa/a á que lla queremos enviar e que é moi aconsellable poñer tamén o remitente, para que se hai algún problema, podamos ter de volta as nosas cartas. Obviamente, o sello, o franqueo non pode faltar, pois é un servizo que non é gratis.

Neste 1º trimestre ía haber unha exposición de sellos que foi cambiada para o 2º trimestre.

Empezamos a investigar sobre as abellas e empregamos a biblioteca para tal fin.

No 2º trimestre comezamos a relación epistolar co alumnado do CEIP Torre -A Illa, con cartas de presentación e solicitude de resposta. Foron acompañadas nalgúns casos de ilustracións e/ou debuxos.


Co gallo do Día da Paz tamén aprendimos moitas cousas sobre as Pombas mensaxeiras, que eran o xeito de se comunicar a distancia duns lugares a outros que estiveran afastados e que ata hai ben pouquiño aínda eran usadas no exército. Tivemos a sorte de os nosos cursos estivesen na charla e poder ver de cerca e incluso tocar a algunhas delas.

Xa coa exposición de sellos no centro, aproveitamos para saber un pouco máis sobre este mundo. Cando empezaron, cando se usou por primeira vez en España, as distintas formas e as distintas composicións, que hai en 3D, con sementes... e comezamos a nosa propia colección!


Tamén aprendimos sobre o mundo do cine e traballamos con diferentes películas para falar de guións, tramas, temática... de feito no Entroido a temática do colexio este ano foron as películas de cine e a nosa aula foi de Minións. Con platino Educa poidemos desfrutar do visionado.

                     



 No 3º trimestre continuamos aprendendo sobre as abellas e fomos de excursión ao Museo vivente do Mel, "O Enredo do Abelleiro" onde puidemos comprobar o que xa sabiamos e o que non. As abellas tamén se comunican, pero bailando!! Con toda a información gravamos un pequeno documental Tamén imprimimos en 3D algunha abella, panal...



Temos a entrevista a Sara Meijide que traballa na Ser de Lugo, que quedara pendiente do primeiro trimestre.

 En xeral podemos dicir que estamos moi contentos cos resultados deste curso e co que aprendimos sobre diferentes médios de comunicación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario