¡¡¡Hoxe é un día moi especial para nós!!! ¡O día do Libro!
Durante esta semana dedicarémonos a que todo o mundo o saiba. Faremos lecturas compartidas de libros, de grandes a pequenos e, claro que sí, de pequenos a grandes e despois faremos un debuxo que exporemos polos corredores do centro. Queriamos poder facelo ao sol, ocupando o patio, pero o tempo non nos vai deixar. Non importa, calquera sitio onde se poida ler é bó.
O venres 26, coma xa levamos facendo varios anos,
faremos un intercambio de libros. Os alumnos/as que queiran, poderán
traer un ou varios libros ao colexio e levarán outros tantos de volta
para casa. Pero OLLO, teñen que ser do voso nivel e estar en boas
condicións, non vale facer trampas.
O luns 29 poderedes traer da casa ese libro que
máis vos gustou dos que lechedes na vosa vida, aquel libro que recomendaríades
sen lugar a dúbida a calquera para ler, e vir caracterizado/a coma
algunha das personaxes do libro.
Xa poremos despois as fotiños de tanta cousa boa.
Bicos mollados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario