O
venres 26 estivemos no Centro de Día da Rúa do Bosque dos
Desamparados que pertence ao Consorcio Galego de Benestar. Os
voluntarios da Biblioteca fixeron unha “representación teatrada”
do libro “O Coelliño branco” Posto que temos mais voluntarios
que personaxes, fixemos unha versión na que aumentamos o número de
animais aos que o coelliño lles pide axuda. Entre todos buscamos as
rimas que repite o coelliño cando fala da cabra e ensaiamos nos
recreos previos para poder levar a obra o mellor posible e disfrutar
entre os nosos maiores. Non é a primeira vez que imos ao centro nin
que veñen eles ao noso, e quedamos tan contentos todos, que fixo que
para o ano repetimos!!!
Ao
voltar ao colexio, levaron unha doce sorpresa, ¿a quen non lle
prestan unhas chuches de cando en vez???
Ningún comentario:
Publicar un comentario