xoves, 26 de marzo de 2020

NOVIDADES #QuedaNaCasa

Bo día:

¡¡¡Que sorte!!! O outro día conteivos que se tiñades carné da biblioteca municipal podiades acceder ao préstamo dixital, pero xa non é preciso. Como había  moita xente que non tiña o carné ou que non o tiña actualizado, decidiron abrir o acceso ao público. Pedide na casa que entren e que se rexistren, dese xeito teredes unha ventá enorme aberta ao mundo da lectura!!!!!




Pero non é ista a única novidade, non, moitos de vos coñecedes a editorial Kalandraka, con contos coma "O coelliño branco", "A cebra Camila" e moitos máis que temos na biblioteca.
A editorial Kalandraka empezou no ano 1998, o século pasado,  como o proxecto dunhas persoas que tiñan relación co teatro e coa educación infantil que se decataron de que case non había contos infantís en galego. Fan adaptacións doutros libros, reescriben clásicos e publican nas linguas de España e nalgunha máis. E tamén teñen canle de TV, déixovos o enlace para que poidades ver unhas contadas.

TV KALANDRAKA (Preme aquí)

Agardo que vos gustaran as novas e lembrade #euquedonacasa

Bicos mollados

Ningún comentario:

Publicar un comentario