¡¡Estou moi emocionada! Hoxe no recreo Mariel e mais eu fixemos entrega dos diplomas ao voluntariado que durante tantos recreos e parte dos plans lectores, así coma outras horas perdidas cando foi preciso, axudaron a que esta lagoa funcionara tan ben durante o curso.
Ordenaron os andeis, fixeron cartaces, decoraron, fixeron lecturas compartidas cos pequenos, levaron os libros aos recreos, ensaiaron para ir ao centro de día, para que viñeran os pequenos da gardería ao noso centro, opinaron sobre posibles adquisicións de fondos...
Algúns deles e delas xa nos abandonan, pois rematan 6º e comezan unha nova andaina no instituto. Seguro que alí tamén buscarán un oquiño para visitar e axudar na biblioteca, unha vez que se empeza non é doado saír.
Non podo rematar o curso sen dicir ben alto: ¡¡¡GRAZAS!!! a todas e cada unha das persoas voluntarias que compartistes o voso tempo comigo💗💗💗
Olaaa, hoxe 27 e ata o 29 de marzo, teremos no edificio da Lomba unha exposición sobre selos e o funcionamento de Correos . Dentro do noso PDI sobre os medios de comunicación non podía faltar este, de feito, ao saber dende o curso pasado que foramos elixidos para poder gozar desta exposición itinerante, decidir a temática deste ano foi algo moi doado.
Para a inauguración contamos coa presenza das responsables das oficinas de Correos de Vilagarcía e Santiago, co concelleiro de Obras e servizos do Concello, co presidente da Sociedade Filatélica Española xunto co comisario da exposición, que é quen está mostrando ao alumnado todo sobre esta inciativa, unha das voluntarias da Biblioteca e como non, da directora do colexio.
Explicouse porque está aquí a exposición e como agora eu son famosa son famosa e estou nun selo oficial, co que se poden mandar cartas polo mundo adiante, fun unha das que lle puxo o cruño aos sobres cos tres selos cos que nos agasallan dende Correos. Tamén nos regalaron unha historia de España dende a perspectiva dos selos que estará pronto rexistrada e a disposición de quen a queira ler., e unha placa de recoñecemento.
O máis importante é todo o que estamos a prender sobre os selos e como o servizo postal evolucionou e con el os selos, porque hainos de ouro, de sabores, de olores, en 3D, con sementes, en holograma... e o que é mellor é que se poden coleccionar. O alumnado levou uns cuantos para poder comezar a colección.
Hoxe de 4 a 6 e mañá tamén no mesmo horario, está aberto ao público en xeral a exposición, así que xa sabedes, non perdades a oportunidade de visitala. de todos modos por se alguén non pode, no vídeo vai un pequeno resumo do día.
Máis adiante, poñerei un vídeo coas diferentes actividades que se fixeron cos distintos niveis. ¡¡Que sorte temos de gozar desta exposición no colexio!!
Hoxe, despois de ter a reunión do club de lectura cos de 5º, falando de "Formig4s, misión Ros4lí4" parte dos membros do club, que tamén son voluntarios da biblioteca, foron por todas as aulas presentando o Logo do club "Debullando contos", para explicar que cando estivese posto nas portas de acceso a unha das zonas da biblioteca, iso quería dicir que o club estaba reunido, e que temporalmente non se podía acceder a esa zona da biblioteca. Tamén explicaron o que quería dicir "debullar", pois case ninguén o sabía.
Teño unhas fotos da reunión dos de 4º co profe Fernando para falar de Boruto, o libro que leron eles.
E teño unha foto do último día no que os de 4º remataron de ver a película de Harry Potter, que para celebralo así apareceron na biblioteca!!! Falaremos das diferencias que atoparon entre os libros e a película e que lle gustou máis, pero eso será outro día.
¡¡
Olaaaa!! ¡¡que sorte tivemos hoxe!! Como xa vos contara, os
voluntarios da biblioteca estaban a preparar dous contiños para lles
ler aos rapaces e rapazas da Escola Infantil Municipal e hoxe foi o
Gran Día.
Viñeron en dous turnos, e dous turnos de voluntarios/as tivemos
tamén. Como a gardería está ao ladiño mesmo do edificio da Lomba
viñeron dando un paseiño e despois unha escalada, porque xa sabedes
que a biblioteca está no 1º piso. Coma os nosos voluntarios/as
valen tanto para un roto coma para un descosido, axudaron a que a
ascensión non fora tan complicada (que sorte teño con eles/as😁)
A profe Mariel contoulles quen era eu, Rosalía, a ra que le
poesía, que xa sabedes que a min escribir e ler o que faga falta,
pero falar, e falar diante de tanta xente dáme un pouquiño de
vergoña. Despois presentou os contos que ían contar: "El libro de las familias" coas piruletas
que prepararon os de 5º do Anexo e o conto que se representou en vez
de ser lido. Cunha pelotiña nunha quenda e comigo noutra, os da
gardería foron dicindo o seu nome para que así xa nos coñeceramos
un pouquiño máis, e igual que no conto "O día das apertas"
acabamos dándonos grandes apertas.
A profe Mariel tamén lles contou un conto, ben, contar, contar...
é que era un conto moi especial, porque é para ler pero tamén para
xogar e cos dedos da man, no burato que había no medio, completou a
historia do conto "Animales a mano".
Ao rematar eses contos, os nosos invitados quixeron ser eles os
que elixiron os contos, e indo a outra sala da biblioteca, xa todos
mesturados, profes, voluntarios/as e rapaces e rapazas estiveron cos
contos que aquí enchen a miña lagoa. Como desfrutamos, eu non
perdín comba e ata lin algún libro con algún dos amiguiños e
amiguiñas que nos visitaron.
Pero todo o bo remata, e eles tiveron que volver ao seu colexio.
De novo os voluntarios e voluntarias axudaron a que baixasen as
escaleiras. de recordo da súa visita, levaron un marcapáxinas,
claro, ¡¡que mellor agasallo para quen quere ler!!
Creo que lles gustou a visita, que algún xa nos dixo que mañá
volvía. Para os que queiran repetir, o martes 7 teremos o colexio
aberto pola tarde así que están convidados a repetir.
Aquí queda o vídeo da visita con anaquiños das historias
contadas. Quérolle dar as grazas ao voluntariado tan riquiño que
teño na miña lagoa e as profesoras da escola Infantil Municipal por
aceptar a nosa invitación e vir coñecer a biblioteca, que non está
feita soamente de libros, tamén de calor e cariño que se nota cando
estás dentro. ¡¡¡GRACIÑAS!!!
Os voluntarios e voluntarias da biblioteca están preparando dous contos para lles contar ao alumnado da Gardería Municipal, a que temos aquí ao ladiño do edificio da Lomba. Levan toda a semana cos preparativos e hoxe xa é o ensaio xeral, porque mañá venres, é o gran día. espero que lles guste a nosa biblioteca.
¡¡Que ben que xa estades de volta!! Boteivos en falla. Ademais viñeron os Reis Magos e deixaron agasallos, pero quixen agardar a que viñeran os axudantes para abrir os paquetes.
¿E que foi o que trouxeron? Pois como non podía ser doutro xeito libros e xogos para a miña lagoa. Pronto estarán catalogados para poder levalos á casa. Algún foi dos que puxera nas recomendacións lectoras. ¿Será que os Reis len o noso blog?
Hoxe por fin fomos ao Centro de día que está na rúa Bosque dos Desamparados, xunto ao ladiño do colexio. Xa vistes o outro día como estabamos a ensaiar, pero hoxe xa non houbo ensaio, foi o directo!!!
Tiñamos un buzón de correos para que todo aquel que así o quixera, puidera escribir unha carta, unha postal de felicitación, un debuxo... e os voluntarios/as da biblioteca achegarían todo o que alí se botara.
Foi un éxito, non dabamos recollido tanta carta, nótase que estamos a traballar os medios de comunicación no noso PDI e que ninguén quería perder unha oportunidade coma esta.
Cando chegamos aló, presentámonos, presentáronse e lemos algunhas das felicitacións. Quedaron moi contentos/as e nos pediron que vos deramos as gracias por tanta correspondencia, porque ían ter moito que ler. Cantamos co xilófono e máis coa pandereta o que ensaiaramos, pero despois nos viñemos arriba e cantamos tamén "Pero mira como beben" e a verdade é que non saiu nada mal.
Contáronnos como era o Nadal de cando eles eran pequenos, que ninguén lle escribía a Papá Noel, só aos Reis Magos, e que se cadra viñan, se cadra non, pero que disfrutaban moito estando en familia.
Quedamos moi contentos coa visita e queremos que veñan ao colexio para ver como nos disfrazamos polo Entroido e nós voltar ao centro polas Letras Galegas.
Como non podía ser doutro xeito, sende este ano o noso PDI sobre os medios de comunicación temos no colexio paparazzi. ¿e que significa isa palabra? Pois "Fotógrafo de prensa especializado en tomar fotos indiscretas de persoas famosas".
Mentres o voluntariado de biblioteca ensaiaba unha das panxoliñas que vai cantar no Centro de Día aos maiores que alí están, un destes paparazzi filmou un anaco deste ensaio, porque por suposto, ¡¡o voluntariado desta lagoa é moi famoso!!!😎😎😎
Para vos dar máis información, o título da panxoliña é "Imos logo".
Hoxe é luns!!! e desta volta os afortunados que puideron contar co alumnado voluntario da biblioteca para as lecturas nas súas aulas foron os de infantil de 4 anos e os de 2º. Como a semana pasada, os libros foron: "El niño que no quería ser azul,
la niña que no quería ser rosa", "Lalo, el príncipe rosa", "Pecas" e
"Guapa" para que todos poidan ter a oportunidade de escoitar estos contos. Iso si, coa emoción, esqueceron levar postos os petos de axudantes da Lagoa😂😂😂
Hoxe os voluntarios e voluntarias da Lagoa empezaron a súa andaina contándolles historias ao alumnado de 5 anos e de 1º da Lomba. Os libros elexidos nesta ocasión foron: "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa", "Lalo, el príncipe rosa", "Pecas" e "Guapa"
Este luns comezaremos cunha actividade coordinada dende o equipo de Biblioteca e o equipo de Igualdade-Convivencia cos voluntarios de 5º e 6º. Irán ás aulas dos de 4 anos, 5 anos, 1º e 2º de primaria no plan lector e lles lerán un conto a aqueles grupos que estean interesados.
Como nesta lagoa temos un feixe ben grande de contos📗📘📙📕📚, aproveitaremos para que leven algúns que falan da igualdade de xénero, de respecto e convivencia, de emocións, ecoloxía, inclusión, diversidade de familias...
Por fin deixou de chover nos recreos e hoxe, xoves, os voluntarios da biblioteca levaron os libros ao recreo. Coma primeiro día non estivo nada mal. Despois de avisar por megafonía de que os voluntarios saían ao patio, que os buscaran que estaban cos petos de cor amarela, comezou a andaina deste curso.
Parte do voluntariado estivo a decorar a biblioteca para que metera un pouco de medo. Temos todo cheo de vampiros, arañas, fantasmas, cabazas, esqueletes, sangue... e cartelería coa que pasaron moitos recreos para que luza así de ben.
Hoxe, 24 de outubro é o Día das Bibliotecas e arrincamos a viaxe das nosas "Mochilas Viaxeiras" da man dos nosos voluntarios/as. Foron polas aulas explicando o seu funcionamento, por se alguén dende o curso pasado o esquecera e a presentar de novo que os luns e xoves que baixemos ao patio poñeremos en funcionamento o bibliopatio. Por mor da choiva, non puidemos estrear o noso "Bibliopatio", pero en canto escampe, sairá ao recreo de novo.
Despois de varias reunións onde Mariel lle explicou ao alumnado de 5º e 6º da Lomba que ofertabamos de novo a participación como voluntarios da nosa Lagoa, e que estes levaran o contrato de participación ás casas, comezamos a nova andaina.
Hoxe estiveron de 5º A axudando para poder poñer en funcionamento o Bibliopatio e as mochilas viaxeiras, que arrincarán o luns 24 coincidindo co Día das Bibliotecas. O que tal traballaron neste recreo!!! Daba xenio miralos/as.