Olaa,
A nosa visita de onte ao Centro de día do voluntariado da biblioteca, foi cun chisco de atraso, pois cando estabamos na porta das aulas para nos reunir, soou a alarma do simulacro de incendios, e claro, a seguridade é o primeiro.
Os de 6º ían preguntando se estarían parte dos usuarios que coñeceran o ano pasado e os de 5º un pouco nerviosos, pois nunca estiveran dentro. Unha vez alí comezamos cantando as dúas panxoliñas que preparamos e tivemos un público moi agradecido que nos aplaudiu un montón. Despois cantaron eles e nós os acompañamos.
Contáronnos as rutinas que teñen, quen se encarga de cada cousa, hai quen coida aos paxaros, quen pon a mesa, quen coida as plantas...
Tamén fixeron unha chea de adornos de Nadal, un nacemento, uns Reis de goma Eva e ata unha cheminea.
Diante dela quitamos outra foto e cantamos de novo a panxoliña "Imos logo todos xuntos"
Nós levamos unhas postais de felicitación que fixo o voluntariado, e non é por presumir, pero eran moi bonitas, e mesmo moi orixinais, con volume ao abrilas e todo. Mágoa que non fixemos fotos diso. Do que si temos fotos, son dos agasallos que nos entregaron para agradecer a nosa visita. Uns bonecos de neve preciosos aos que pronto lles buscaron varias utilidades máis que as previstas. ¿A que están moi graciosos e graciosas?
Foi unha mañá moi agradable, e a compañía insuperable. O voluntariado de 6º marchou con peniña, porque para o ano non van poder regresar, que xa estarán no instituto, e ao de 5º xa lle está tardando repetir o curso que ven.
Xa no colexio fixemos outra foto coa nosa decoración de fondo, mostrando os nosos agasallos e a nosa ledicia. ¡Pagou a pena o tempo de recreos invertidos en preparar a visita! ¡¡¡Viva o voluntariado de biblioteca!!!
E seguro que non vos imaxinades que máis pasou... Pois foi a prensa e somos famosos, aquí deixamos o enlace para que o poidades comprobar:
Bicos mollados e Bo Nadal, que o vindeiro Ano chegue cheo de bos desexos e máis accións voluntarias bonitas coma estas.
Rosalía

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)




Ningún comentario:
Publicar un comentario