Olaa,
Aquí seguimos, lendo, como ten que ser.
Nestas ocasións os reunidos foron de varias aulas, por un lado do club de Manga co libro "Super Mario Aventuras" o primeiro desta serie. Xa case sabían eles máis sobre o protagonista ca min. O que destacaron como importante é que non se rende, persevera no que fai, unha cualidade moi importante.
Outra lectura que nunca falta neste club é "Escarlatina, a cociñeira defunta". Nesta ocasión os afortunados e afortunadas foron os de 6º, que vendo que había receitas no seu interior, xa optaron por facer algunha delas na vindeira sesión. Xa veredes que lambetadas máis ricas prepararemos.Unha nova incorporación ás lecturas deste club é "Siete reporteros e un periódico" e as caras das integrantes do club xa o din todo, están encantadas coa elección, e non volo ides crer, ¡¡dúas delas estaban de aniversario xusto ese día!! Xa é ter puntería😍🍰🍰
As de Anna Kadabra tiveron outra reunión, pero a cabeciña non da sempre para nos lembrar de facer as fotos, porque claro, aquí o importante é a lectura e a merenda, o das fotos...Bicos mollados.
Rosalía



Ningún comentario:
Publicar un comentario