xoves, 7 de febreiro de 2019

Día da Paz e non violencia escolar

Estou moi contenta porque o 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da non violencia e da Paz. Aínda que tiñamos preparada unha carreira de relevos no patio, a meteoroloxía non nolo permitiu. Tivemos que facer no ximnasio unha xuntanza por quendas no edificio da Lomba e na entrada do Anexo.

Nas aulas traballamos previamente o que significaba este día e fomos escribindo un "Pergamiño Viaxeiro" que comezando en cada un dos 6º, baixou ata infantil e no que cada aula plasmou eses desexos de Paz e que limos neste fermoso acto. Para a carreira que non puido ser, o dorsal se entregaba a cambio de alimentos, pois fixemos unha recollida solidaria na que nos centramos nos alimentos sen glute, sen lactosa e sen ovo, que son dos que tiñan mais necesidade en "Amigos de Galicia", asociación á que se entrega esta "Colleita de Paz" pois a Paz é tamén a solidaridade.

Cada aula tamén tiña unha cartulina cunhas letras e cores que por separado non dicía nada, pero que ao facer o puzzle con todas as aulas, amosounos unha fermosa mensaxe: "Un neno, un mestre, un lapis e un libro poden cambiar o mundo" de Malala Yousafzai moi apropiada para o noso entorno escolar, a biblioteca e o noso PDI.
Deixamos este puzzle feito e os nosos desexos na entrada da Lomba, para lembrar que a PAZ non é un día, que ten que ser sempre!!!
Bicos mollados.
Rosalía




Ningún comentario:

Publicar un comentario