O alumnado de infantil da Lomba, ademais de aprender un montón de cousas sobre a ría, aprendeu tamén sobre os Castros. De feito en Vilagarcía temos os restos dun: "Castro Alobre" e ata aló foron visitalo.
E non sabedes que, ¡¡apareceu un home castrexo para lles falar de como vivía!! ¿A que non o esperabades?
Aprenderon como vivían, como se construían as súas casas e de feito, da man de Mar Barral, unha ceramista da vila, crearon os seus poboados, as súas vivendas e mesmo xoias.
Dende as casa tamén axudaron moito nestas investigacións, e trouxeron unha manchea de produtos e contos.
Sería longo de contar e chegados a estas alturas do curso e coa calor que vai, xa non teño forzas para escribir. Unhas imaxes valen máis ca mil palabras.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario