O alumnado de 5 anos do edificio da Lomba traballou a reo este curso e estes foron os seus produtos:
Mapa da ría de Arousa
As nenas e nenos de 6º de infantil A e B investigamos con ilusión sobre a nosa Ría: a de Arousa.
Buscámola no mapa de Galicia e descubrimos que había máis rías pero que a máis produtiva e rica era a Ría de Arousa pola súa localización, salinidade e temperatura da auga. Achegámonos ao concepto de ría e descubrimos o importante que é tamén o río Ulla.
Localizamos no mapa pobos próximos a Vilagarcía e lugares significativos para todas nós porque alí viven os avós, porque imos de camping no verán, porque hai praias onde recollemos pelets, porque teñen monumentos famosos(torres, castros, prazas…), porque naceron escritores importantes e mil motivos máis. O certo é que foi moito o que gozamos investigando.
Caixa de xogos:
Xogo de pesca
Quedounos ben chulo! Logo de descubrir os peixes máis significativos da nosa ría, tivemos que esforzarnos moito picando as imaxes do xurelo, sardiña, robaliza, raia, peixe sapo, etc. Pintamos o caldeiro e preparamos a caña cun imán, que divertido resultou pescar! Sobre todo porque os peixiños estaban quietiños no caldeiro! Un pouco de retranca non ven mal!
Xogo de memoria
Puxemos a proba a nosa memoria xogando a emparellar mariscos , a pena foi que non os demos degustado. Noutra ocasión será!
Lendas da Ria de Arousa:
O cabaleiro Roldán e a serea Mariña
O carballo Comepedras
- Santa Compaña
Naufraxio do Santa Isabel
A serea de Sálvora (Pictos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario