xoves, 6 de xuño de 2024

¡¡¡Parabéns Voluntarios desta Lagoa!!!

 

Olaaaaaa,

Hoxe empezo dando chimpos.

 A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, unha vez se lle mandan as memorias de todas as actividades que leva a cabo ao longo do curso o voluntariado de cada un dos centros, fai unha selección.

¡¡¡ O voluntariado da Lagoa acadou o recoñecemento de ser un  dos dez centros de primaria seleccionados de Galicia cuxas accións de Voluntariado merecen visibilización e así saíu publicado!!! 

Si é que non hai máis que mirar este blog para decatarse da cantidade de cousas que fan estes axudantes. Facelo está moi, pero que moi ben, sabelo non está de máis, pero que cho recoñezan deste xeito, ¡¡¡enche o peito!!!

Algo haberá que facer para dalgún xeito agradecerlle todo o traballiño que fan e o recoñecemento público. Polo de agora non podo dicir nada máis, pero xa estou a argallar algo😉

Bicos molladísmos e ledísimos.

Rosalía






Ningún comentario:

Publicar un comentario