Olaa, no edificio da Lomba ademais da Lagoa de Rosalía, agora temos dúas paredes azulexadas e pintadas para darlle máis ledicia ao entorno e sobre todo para que a xente saiba cal dos dous colexios que están ao carón, Lomba ou Arealonga, somos nós.
O ENDL estivo argallando e fixeron esta marabillosa proposta. Sobre un deseño pintado na parede, todo o alumnado foi pasando e contribuíndo en maior ou menor medida na súa realización.
Gerardo Rodríguez Ramos é o artista que nos guiou nesta actividade e que organizou o beo. Os de 6º axudaron un montón, para algo son os maiores do colexio e ían guiando aos máis pequenos nesta fermosa creación conxunta.
Foron varios días de traballo, pero pagou a pena o tempo, temos unha fermosa entrada de infantil e xa non haberá dúbida de que somos "A Lomba".
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario