mércores, 5 de xuño de 2024

Coa música sempre

 No edificio da Lomba, para contextualizar este PDI, tamén traballaron os instrumentos tradicionais desta zona, que moitas veces son de zonas máis grandes, ou feitos cos materiais que están na nosa contorna. Voluntarios de varios cursos decidiron facer os seus unha vez explicado como era o proceso, e non quedou nada mal!!!







Ademais, está o canto... E, achegándonos como nos achegamos á semana da música e das artes escénicas, non está mal lembrar que tamén están a aprender cancións coma "A saia da Carolina", "Catro vellos mariñeiros", "A Rianxeira", "Na beira do mar", "Son do Ar", "Himno Galego", "Foliada de Carril", "Amoriños collín"...


 

Xa publicaremos unha escolma do alumnado cantando. De feito xa nas memorias dalgúns grupos, as cancións aparecen mentres van de excursión ♩♩♩♩♩♩♩

Ningún comentario:

Publicar un comentario