venres, 7 de xuño de 2024

Vilagarcía, Cidade do Libro

 Ola,

Un ano máis contamos con actividades para todos os gustos e temáticas na semana que dende o concello se lle da valor ao libro na cidade.

Como contan con actividades para os centros escolares, por suposto que imos participar, de feito 4º A e 4ºB van ir ás xincanas o mércores 12. Xa nos contarán que tal o pasaron, ou se cadra, escapo eu tamén da miña Lagoa e vou botar unha ollada.

Polas tardes hai unha chea de actividades, déixovos o programa para que non vos perdades nadiña de nada.








Bicos mollados.

Rosalía


Ningún comentario:

Publicar un comentario