martes, 4 de xuño de 2024

PDI 2ºA e 2ºB

 

Os rapaces e rapazas de 2ºA e 2ºB realizamos diferentes actividades vinculadas co PDI Son Ría durante todo o curso. Ademais de traballar a temática directamente a través do proxecto competencial, tamén se traballou en diferentes momentos nas distintas áreas.
 
As portas das nosas aulas, coa súa batea particular, fóronse transformando ao longo do curso para adaptarse as distintas celebracións (Samaín, Nadal, Entroido…)
 

Nas áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais partimos do máis inmediato a nos e traballamos a nosa localidade, situándoa dentro da ría de Arousa. Coñecemos os lugares máis representativos da nosa Vila, así como a algúns representantes políticos. Visitamos a casa do Concello, onde nos recibiu o alcalde que nos explicou un pouco como funcionaba o noso municipio. 





Tamén visitamos a policía local, o auditorio, a biblioteca, a praza de abastos (onde coñecemos algún produtos do noso mar). 



 
Ademais en ciencias naturais dentro do tema dos animais, fixemos fincapé nos animais máis próximos a nós.
 
Nas linguas traballamos especialmente vocabulario específico, traballos, como as técnicas e instrumentos de marisqueo, especies da Ría ….
 
No Entroido disfrazámonos de mariscadores/as utilizando materiais que tiñan a man. Coa canción "Nadando sen parar" preparamos un baile para a festa do cole.
 


A principios do terceiro trimestre e tras traballalo previamente na aula, fomos mariscar, xunto coas mariscadoras de AmarCarril, que nos deron unha pequena clase, dos tipos de ameixa, como se cultivan, como se collen…, 
 






 

 
Ao longo de todo o curso fixemos un mural con todo o aprendido sobre a nosa Ria, con información como: que é unha Ría, como é a nosa ría, especies marítimas que habitan... facendo un pequeno resumo que pode ser ampliado a través dos códigos QR que engadiron no mural.
Para rematar co proxecto, o día 3 de xuño fixemos unha visita guiada á illa de Cortegada
onde ademais de poñer en práctica o aprendido nas clases, coñecemos un pouco máis da
súa historia e da flora e fauna que habitan nela.





Para rematar co proxecto, o día 3 de xuño fixemos unha visita guiada á illa de Cortegada onde ademais de poñer en práctica o aprendido nas clases, coñecemos un pouco máis da súa historia e da flora e fauna que habitan nela.
 


 

Aprendimos moito e pásmolo moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario