Neste curso 2023-24 os grupos de 1ºC e 2ºC realizamos practicamente a totalidade das actividades programados a principio de curso engadindo algunha máis que consideramos axeitada para completar o estudo da temática deste ano
Foi un estudo moi interesante e ameno sobre a Ría de Arousa e a relación da nosa localidade co mar e as súas actividades. Sempre en cooperación por parte do alumnado de ámbolos dous grupos.
A continuación expoñemos as actividades que se realizaron ao longo dos tres trimestres e ao remate unha galería de imaxes sobre o traballo realizado.
Como traballo nos dous primeiros trimestres deseñamos e fixemos un mural representando un peirao da nosa ría. Tanto o deseño como a execución foi en colaboración dos dous grupos deste ciclo. Foi exposto nos corredores do primeiro andar.
As actividades realizadas foron:
Estudo das características da nosa Ría.
Deseño dun peirao para a elaboración do mural
Realización do mural co noso deseño de peirao incluíndo materiais de refugallo.
Elaboración dun mural de aula titulado “A nosa ría de fantasía”
Elaboración dun cartel coa temática “Riquezas do mar” coas fotos do alumnado presentando algún peixe ou marisco de consumo cotiá na nosa cocina tradicional (traballo en colaboración coas familias).
No Entroido, disfraces relacionados coa temática mariñeira (mariscadoras e cociñeiros).
Elaboración e exposición de láminas representando a escultura “Porta da luz salgada”, deseñada por Manolo Chazo.
O traballo do terceiro trimestre baseouse nas profesións relacionadas co mar complementado cun roteiro pola vila vendo obras escultóricas do artista Manolo Chazo, unha saída á praia para concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia da conservación e coidado dos espazos naturais (limpeza na praia), rematando coa excursión á Illa de Cortegada tendo unha charla anterior á saída, para presentarnos as características de flora e fauna que alí iamos atopar.
As actividades realizadas foron:
Visionado de documentais sobre as actividades relacionadas co mar: o traballo dos mariñeiros, das mariscadoras e a actividade da lonxa.
Roteiro pola vila e visita á escultura “Os tres ventos” de Manolo Chazo (incluíndo a visita do artista ao noso colexio).
Estudio da indumentaria e instrumentos de traballo dos profesionais do mar.
Estudo e interpretación da canción “Catro vellos mariñeiros” xunto cos demáis cursos do colexio.
Coñecemento da actividade do marisqueo en Carril
Limpeza de lixo na praia de Compostela
Excursión á illa de Cortegada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario