Os grupos de Ed. Infantil iniciaron a investigación do proxecto “Pasiño a pasiño, a Lomba no camiño” antes do entroido, empregando como actividade de motivación o disfraz da peregrina. Neste momento a investigación centrouse na indumentaria das peregrinas e peregrinos, uso e funcionalidade dos diferentes elementos.
PRODUTO--> Disfraz (ANEXO E LOMBA)
ACTIVIDADES-->
Visionado de imaxes e videos na búsqueda de información sobre a indumentaria
. Lectura de contos.
- Elaboración de sombreiros, capas e cabazas.
. Desfile de Entroido ata o parque da Xunqueira
PUBLICIDADE--> A través da páxina web do cole chegou a compañeiros, familias e toda a comunidade escolar en xeral.
PRODUTO--> Mapa (ANEXO)
ACTIVIDADES-->
-Investigación sobre o espazo no mapa que compete ao camiño francés.
-Lectura do conto “Bo camiño peregrino” (camiño francés) de Rena Ortega.
-Recoñecemento visual de 4 monumentos que se atopan ao longo do camiño francés.
-Creación dun mapa interactivo onde se explican estos catro monumentos.
PUBLICIDADE--> AULA
Os Obxectivos traballados durante o 2º trimestre foron:
Ø Descubrir emocións e sentimentos dos peregrinos e Identificar os símbolos do camiño: sinais, cuncha, cabaza,chapeu,caxato,faldriqueira…
Estamos en condicións de afirmar que o proxecto resultou atractivo, interesante e motivador para as nosas pequenas e pequenos.
Consideramos conseguidos os seguintes criterios de avaliación:
ü Identificar os símbolos do Camiño e o seu significado.
ü Recoñecer algúns sentimentos e emocións propios e dos peregrinos.
No último trimestre do curso profundizamos noutros contidos: descubrimos que hai moitas peregrinas que van na búsqueda dun desexo que se cumprirá ao chegar a Santiago, que existen tamén outras motivacións para facer o camiño como relixiosas e de superación persoal ; a existencia de diferentes itinerarios,a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios e de adestramento, a ser solidario e aprender a dar e recibir axuda cando se precise, a respectar o medio natural e por suposto a recoñecer a catedral de Santiago de Compostela.
Os obxectivos traballados durante o 3º trimestre foron:
Ø Coñecer a historia do Camiño de Santiago
Ø Coñecer os diferentes itinerarios do Camiño.
Ø Descubrir o patrimonio natural: relevo, fauna, flora dun tramo de percorrido.
Ø Coñecer e identificar a Catedral de Santiago de Compostela e algún monumento e prazas significativas.
Ø Aprender os valores do peregrino: solidaridade, respeto polo medio, etc
Ø Coñecer e practicar hábitos saudables para ser un bo peregrino.
Ø Localizar os camiños a través do uso de diferentes representacións gráficas:mapas, aplicacións...
Ø Identificar aos peregrin@s así como a súa vestimenta característica.
Ø Diferenciar e nomear os principais elementos arquitectónicos do camiño
Ø Aproximarse á lectura e escritura a través da Galicia Máxica..
A LOMBA
PRODUTO--> MARCAPÁXINAS
ACTIVIDADES --> Lectura de contos, formulación de hipóteses sobre a utilidade e funcionalidade dos marcapáxinas. .Elaboración dos mesmos
PUBLICIDADE--> Exposición na aula e familias
PRODUTO--> MURAL
ACTIVIDADES-->
. Visionado de imaxes e videos na búsqueda de información sobre a Hª, itinerarios, flora e fauna do camiño, hábitos saudables…
. Lectura de contos
PUBLICIDADE--> Na cortiza da clase.
PRODUTO--> MESA DE LUZ
ACTIVIDADES--> Presentación e identificación do mapa de España. Percorrido do camiño portugués e do primitivo. Construcción da catedral.
PUBLICIDADE--> AULA
PRODUTO--> SOLETA PARA BIBOT e traballo co mesmo
ACTIVIDADES--> Elaboración da soleta entre todo o alumnado: pintado con témpera, adherir imaxes,et. Dar as instruccións pertinentes ao noso bibot para chegar á catedral.
PUBLICIDADE--> AULA
PRODUTO--> CADERNO INDIVIDUAL DE INVESTIGACIÓN:Códice Calixtino
ACTIVIDADES--> .Caderno de tarefas impresas sobre os aspectos traballados.
PUBLICIDADE--> Na aula e ao final do trimestre compárteno coas familias xa que o levan para casa
PRODUTO--> BANDEXAS XACOBEAS
ACTIVIDADES--> Propostas relacionadas có Camiño de Santiago.Lectura, Escritura, lóxica Matemática, experimentación etc.
PUBLICIDADE--> Recunchos da aula.
PRODUTO--> LIBRO XACOBEO
ACTIVIDADES--> Dossier de tareas impresas e experiencias
PUBLICIDADE--> Aula
PRODUTO--> CRENDENCIAL
ACTIVIDADES--> Completamos a credencial con selos correspondentes a cada reto do proxecto e saídas realizadas.
PUBLICIDADE--> Aula e exterior.
PRODUTO--> MAPA E DOSSIER. GALICIA MÁXICA
ACTIVIDADES--> Creación do alfabeto a partir dous elementos típicos de Galicia( A de auga, B de batea, Z de Zoco etc.) utilizando diferentes técnicas plásticas.
PUBLICIDADE--> Aula
ANEXO
PRODUTO--> Entrega dunha COMPOSTELANA (cuncha de vieira) a chegada á catedral de Santiago de Compostela.
ACTIVIDADES-->
-Investigación en rede de qué se entregaba antiguamente aos peregrinos cando chegaban a Compostela.
- Decoración dunha concha (compostelana) e entrega dela á chegada á catedral de Santiago de Compostela.
PUBLICIDADE--> Aula
PRODUTO--> PEQUENO CAMIÑO CARA A CATEDRAL
ACTIVIDADES-->
-Visita da peregrina Lourdes contándonos a súa experiencia como peregrina hacia Santiago.
-Investigación sobre a catedral de Santiago de Compostela nos libros da biblioteca do centro e na aula de informática a través dos ordenadores.
-Debuxo con acuarelas da fermosa catedral.
-Creación dun mapa da viaxe dende o cole ata á catedral.
-Reflexión sobre qué temos que comer e levar para facer un pequeno tramo do camiño a través da lectura “Bo camiño peregrino” de Gracia Iglesias Lodares.
-Introdución ás normas para unha boa alimentación.
-Viaxe a Santiago de Compostela no que se inclúe unha visita ao Museo das peregrinacións.
PUBLICIDADE--> Aula.