domingo, 5 de xuño de 2022

PDI de 3ºC e 4ºC

 

VALORACIÓN PDI 3º Y 4º PRIMARIA (GRUPO C).

PRODUCTO 1: Exposicicións orais e elaboración dun porfolio cos coñecementos que adquirimos sobre o Camiño de Santiago.

ACTIVIDADES DESENVOLTAS.

  • Investigación sobre a historia do Camiño (contos, lendas, búsqueda internet, videos…

  • Coñecemento da historia de apóstol Santiago, quen era? Que fixo?

  • Coñecemento dos diferentes camiños de Santiago, nomes, e percorridos

  • Identificación e significado dos diferentes símbolos do Camiño de Santiago (cabaza, cruz de Santiago, cuncha, bordón…)

  • Significado de ser peregrino (valores, indumentaria, perigos que se pode atopar…)

  • Identificación das diferenzas entre os peregrinos antigos e actuais, indumentaria, tradicións…

  • Coñecemento da Canción do Peregrino e da Canción das estrelas.

  • Realización de pasatempos sobre diferentes aspectos do camino de Santiago.

  • Realización dun mapa mental coa información máis relevante do Camiño.

  • Lectura dos libros: “Sucedeu no camino primitivo” (Xosé. A. Perozo. Xunta de Galicia. “Compostela, Camiño de pedra”, (Paco Abelleira e Carlos Blanco). Xunta de Galicia.

  • Realización do entroido disfrazados de peregrinos actuais.



TEMPORALIDADE: 1 SESIÓN QUINCENAL (OUTUBRO-MARZO

ÁREAS IMPLICADAS:


  • Música, TICS, L. Castelá, L. Galega, C. Sociais, C.Naturais, Matemáticas e Plástica

PRODUCTO 2: Realización dun pequeno tramo do Camiño de Santiago (Monte do Gozo-Catedral)

ACTIVIDADES DESENVOLTAS.

  • Análise dos diferentes camiños para poder elexir o tramo máis axeitado.

  • Análise das necesidades que imos ter o realizar o Camiño, incidentes ou perigos que podemos atopar…

  • Elaborar mapas de ruta coas población polas que pasas, os monumentos…

  • Realización dun sendeiro que comunica coa Via da Plata (4º C)

  • Realización dun anaco do tramo final do camiño Francés (3º e 4º)

TEMPORALIDADE: 1 SESIÓN QUINCENAL .Maio-Xuño

ÁREAS IMPLICADAS:


Música, TICS, L. Castelá, L. Galega, C. Sociais, C.Naturais, Matemáticas e Plástica.

AVALIACIÓN

A avaliación realizase a través dun diario de sesión de cada actividade. Neste diario, inclúese un breve rexistro de cada sesión de traballo (data, descripción da actividade e observacións).

Avaliase o resultado final de cada producción, así coma a actitude positiva, a implicación , a motivación e o interese dos alumnos.

VALORACIÓN

Consideramos que a temática elexida resultou moi interesante e motivadora para os alumnos.

O descoñecemento casi completo da temática, propiciou que os alumnos se mostrasen expectantes a hora de coñecer e adquirir novas aprendizaxes.

As actividades máis satisfactorias están resultando as relacionadas co segundo producto, (agora mesmo encontrámonos preparando a realización do tramo do Camiño). Aínda que é preciso destacar que os coñecementos e investigación sobre os diferentes aspectos do camiño, relacionadas coas actividades do primeiro produto otórganlle un significado especial a realización dun tramo do camino.

Valoramos como salientable a implicación e participación dos alumnos en tódalas actividades, así como o interese amosado por querer seguir profundizando en diferentes aspectos do Camiño de Santiago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario