domingo, 5 de xuño de 2022

PDI 5º A e 5º B

 MEMORIA  5º CURSO A e B “ Pasiño a pasiño, A Lomba no Camiño”

Neste curso 2021-22 os grupos de 5ºA e 5ºB realizamos prácticamente a totalidade das actividades programados a principio de curso engadindo algunha máis que consideramos axeitada para completar o estudo do Camiño de Santiago.

Foi un estudo moi interesante e ameno do Camiño de Santiago con actividades realizadas en cooperación por parte do alumnado de ámbolos dous grupos.

A continuación expoñemos as actividades que se realizaron ao longo dos tres trimestres e ao final unha galería de imaxes.

Elaboración do traballo O CAMIÑO DE SANTIAGO NA HISTORIA

-       Localización no mapa dos Camiños de Santiago existentes co estudo de medidas de tempo, lonxitude e superficie (operacións coas quilometraxes das distintas etapas do Camiño)

-       Busca de datos en internet sobre a historia do CAMIÑO DE SANTIAGO. Historia da música: Pórtico da gloria. Música na Idade Media en Galicia (influenzas doutras músicas da través do Camiño).

-       Elaboración do mural “Seres mitolóxicos no Camiño”.

-       Interpretación de Cantigas de Santa María con carrillón.

-       Elaboración de textos coas informacións recabadas.

    -     Creación do noso traballo O CAMIÑO DE SANTIAGO NA HISTORIA – SERES MITOLÓXICOS E FANTÁSTICOS 

Áreas traballadas: Ciencias sociais, Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá, Ed. musical e plástica, Ed. en valores, TIC,s

Mural/ carteis: Unha boa alimentación para un bo camiño

-       Recabar información sobre os bos hábitos de saúde.

-       Traballo con medidas de capacidade e masa para elaboración de menús saudables.

-       Investigación en guías de alimentación e internet sobre os alimentos idóneos para darnos exerxía e rendir na realización do Camiño.

      -   Interpretación grupal dunha canción relacionada coa alimentación.

-       Realización do mural con toda a información e gravación da interpretación musical.

-       Arte e alimentación (bodegóns e pintores).

-       Busca en internet de etapas, albergues e restaurantes.

 

Áreas traballadas: Matemáticas, Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias naturais, Ed. plástica e musical, TIC,s, Ed. en valores.

 

Estudo e exposición: AS PAISAXES GALEGAS NO CAMIÑO

-       Estudo das paisaxes naturais

-       Estudo sobre o medio ambiente e o coidado do mesmo (reducir, reempregar e reciclar. Creación de instrumentos musicais con materiais de reciclaxe)

-       Investigación sobre as diferentes culturas e tradicións dos lugares que atopamos na Galicia do Camiño de Santiago (linguas, tradicións...)

-       Instrumentos da música tradicional. Emprego das cunchas na interpretación de Terra.

      -   Xogo matemático ”Misterio da Cuncha do peregrino desaparecido” (tipo “scape room”).

 Áreas taballadas: Cc. Naturais, Cc. Sociais, Ed. musical e plástica, TICs, L. Castelá e L. Galega, Ed. en valores

 

Ao remate de curso fixemos unha saída-excursión a Santiago de Compostela como complemento ao estudo da historia do Camiño. Nesta excursión visitamos o Museo das Peregrinacións e aínda que fomos coa idea de visitar a Catedral e o Monte do Viso para ver as estatuas dos seres mitolóxicos que traballamos no primeiro trimestre, debido ao aforo completo da catedral e ás inclemencias do tempo non foi posible.

 









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario