VALORACIÓN PDI: PASIÑO A PASIÑO A LOMBA NO CAMIÑO (1ºC e 2ºC)
Comezamos o primeiro trimestre recoñecendo o nome e a dirección da casa onde viven e facendo o correspondente debuxo ademais utilizando o Google maps recoñecemos as distintas rúas, as prazas mais importantes, edificios representativos da nosa contorna e tamén de Santiago de Compostela. A través de imaxes e fotos, foron capaces de diferenciar aldea, vila e cidade. Traballamos as normas de convivencia na aula para despois transferilas á vida cotiá e ao espírito do camiño.
No segundo trimestre utilizando imaxes, fotos, vídeos, contos, lendas... coñecemos a historia do Camiño. Comparamos a vestimenta dos peregrinos antigos e os actuais , os utensilios , os símbolos e as maneiras de facer o Camiño ao longo do tempo. Aproveitando a festividade do Entroido disfrazáronse de peregrinos antigos, fixemos un desfile polo pobo e puxemos as nosas pegadas polos corredores do colexio simulando o Camiño de Santiago.
Neste terceiro trimestre, relacionamos a vida san co camiño de Santiago. Valoramos manter unha alimentación equilibrada para coidar a nosa saúde a través de fichas , de traballos , visualización de vídeos, exposicións orais, contos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario