domingo, 5 de xuño de 2022

PDI 1º A e B

 As aulas de 1º da Lomba traballamos o PDI "Pasiño a pasiño, a Lomba no Camiño" cunha serie de propostas e actividades.

Primeiro trimestre:

Comezamos buscando en Internet nas sesións de informática os símbolos do Camiño de Santiago e despois imprimímolos e repartímolos en parellas para facer en cartolina un pequeno traballo para expoñer aos compañeiros das dúas aulas de 1º. Por parellas coloreareon os indicadores e os símbolos e escribiron os nomes de cada elemento e despois prepararon as exposicións e finalmente fixeron a exposición para todo o grupo de 1º. Rematada a exposición oral, expuxéronse os murais nas paredes do primeiro andar do centro para que estivese visible para toda a comunidade educativa.

 


Segundo trimestre:

Comezamos confeccionando os monigotes dos peregrinos individualmente, tanto os antigos coma os modernos dentro da área de Plástica. A continuación preparamos o texto oral que iamos narrar para o vídeo onde contabamos a historia e significado do Camiño de Santiago. Cada neno/nena preparou unha frase. Despois grabamos o audio de cada frase para engadir ao vídeo e por último fixemos a montaxe do vídeo que rematamos visualizando na clase. O vídeo foi publicado na Aula Virtual.

https://drive.google.com/file/d/1oNVHkatGOYBsZ7mpivNDttzbLxsvi8XN/view?usp=sharing

 

Terceiro trimestre:

Esta actividade foi modificada. Organizamos para o día 17 de xuño unha saída no tren turístico para percorrer o tramo do Camiño espiritual que pasa por Vilagarcía. E observar os símbolos que estudamos e coñecer un pouco da súa historia.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario