domingo, 5 de xuño de 2022

PDI de 4ºA e 4ºB

 

A presente memoria recolle os aspectos traballados durante o curso escolar 2021-2022 co alumnado de 4º A-B, implicando nalgunhas das actividades á familia, favorecendo a colaboración entre familia-centro, ademais das relacións pais-fillos/as.

 

·        PRODUCTO 1 : TAREFAS CONTEXTUALIZADAS NO CAMIÑO

Durante todo o curso, traballamos as competencias clave con actividades interdisciplinares ambientadas no Camiño de Santiago, como por exemplo, problemas matemáticos, busca de información, comprensión lectora e escrita…

 

·        PRODUCTO 2: MAQUETA DO CAMIÑO (VARIANTE ESPIRITUAL)

 No primeiro e segundo trimestre realizamos unha maqueta sobre a a Variante Espiritual, traballando tanto individualmente como en aprendizaxe cooperativo, fomentado valores como o respeto mutuo, a resolución pacífica de problema, a escoita activa e o diálogo.

O modo de traballo foi o seguinte:

o   Busca facendo uso das tecnoloxías da información sobre a Variante Espiritual (concellos polos que pasa e monumentos importantes). Relacionando a presente PDI coa do ano pasado.

o   Fabricación dos diferentes elementos que conforman a paisaxe: vexetación (árbores, ríos…), intervención humana (construción, diferentes monumentos, como cruceiros, barcos…).

o   O produto final: construción de todos os elementos. 



PRODUTO 3: MARCAPÁXINAS.

Desde Dinamización de Biblioteca, traballamos o día do Libro con marcapáxinas relacionado co Camiño.

PRODUTO 4: PROCESIÓN DA SANTA COMPAÑA DE 4º

Para celebrar o Samaín, realizamos a nosa propia procesión da Santa Compaña, na que cada un diseñou a súa figura.

Ademais, coa colaboración previa das familias, o alumnado investigou sobre a Santa Compaña, para posteriormente compartir na clase as historias que lles contaron. 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario