O Proxecto Documental Integrado da Biblioteca deste curso 2021/2022 trata do Camiño de Santiago. O alumnado de 5ºC e 6ºC desenvolveu o traballo, ao longo docurso, tal e como se amosa nos obxectivos e actividades que a continuación se expoñen:
Primeiro trimestre (unha sesión semanal)
OBXECTIVOS:
Buscar información acerca do Camiño de Santiago
Contextualizar o fenómeno Xacobeo
Coñecer, en liñas xerais, os sete camiños que chegan a Compostela
Estudar algunas manifestacións arquitectónicas ao longo do percorrido
Concienciar ao alumnado do camino como recurso turístico de gran valor
ACTIVIDADES:
Proponse ao alumnado que, en pequenos grupos, realicen unha búsqueda de información sobre o Camiño de Santiago cada un centrado en diversos aspectos; para deste modo, se interesen e coñezan de primeira man o máis relevante.
Consultarán aspectos tales como:
Información das distintas rutas: etapas, mapas, monumentos…
Blogs de vivencias de peregríns
Rutas turísticas relevantes
Unha vez realizado cada traballo de investigación o alumnado intercambiará a información para así entre todos ter unha visión máis completa do camiño.
RECURSOS:
Internet
Biblioteca de centro
Almanaques do ano 2021 cunha ilustración do Camiño de Santiago
Guía moi visual sobre o Camiño
Guía en formato de banda deseñada “Compostela, camiño de pedra”
Publicación visual sobre o Camiño Eixo Atlántico
Enlaces da Voz de Galicia adicada ás gárgolas Compostelás, entre outros.
Videos explicativos do Camiño
Segundo trimestre (unha sesión semanal)
OBXECTIVOS:
Realizar traballos de investigación acerca dos sete camiños que levan
a Santiago a partir da información recollida polo alumnado no 1º trimestre
Coñecer os símbolos propios do camiño
Intercambiar entre alumnado lecturas relacionadas co camiño
Coñecer de cerca os motivos polos que tanta xente fai esta viaxe
Visionar películas, series e enlaces útiles sobre o camiño de Santiago
ACTIVIDADES:
Empregando as TIC, o alumnado do 3º ciclo realiza en cartolina de cores un resumo de cada un dos camiños cos debuxos máis representativos, empregando infografías, representando visualmente a información (imaxes, íconos, textos) e unha vez realizados, expoñeranse polas entradas e corredores.
O alumnado do centro disfrázase no Carnaval de peregríns libremente, pero tendo en conta a vestimenta, material e equipamento para facer o camiño de Santiago. Faise un desfile polas rúas da localidade.
Os nenos e nenas intercambian lecturas relacionadas coa temática, “Sar e Sarela e os monstros de Compostela”, “Os tres peregríns”.
Elabórase entrevista a persoa que fixo o camiño e así, coñecer de cerca os motivos que o levaron a facelo
Visionado da “Vía Láctea” de 1969
RECURSOS:
Internet, Biblioteca de Centro e aula,exercicios interactivos, infografías,
mapas, murais, láminas, fotos, videos…
Terceiro trimestre (unha sesión semanal)
OBXECTIVOS:
Contactar e gozar de xeito real do camiño e consolidar dalgunha maneira os coñecementos adquiridos nas partes anteriores
Recitado de poesía por parte do alumnado
Coñecer directamente a simboloxía do camiño respectándoa ao longo do traxecto
Estudar o camiño como unha paisaxe natural e cultural
Entender o camiño como un medio excepcional para e Ed. Ambiental
ACTIVIDADES:
Coñecemento de refráns, cancións e videos explicativos do camiño
O día 21 de xuño o alumnado disfrutará dun percorrido que partirá do Monte do Gozo ata a Catedral.
Visitarase o Museo das Peregrinacións
Farase unha ruta turística no tren urbano
Os nenos e nenas recitarán o soneto de Gerardo Diego ás dúas torres da Catedral de Santiago.
“O final da viaxe
non é o destino
senón os contratempos
e recordos que se crean
no camiño”
Ningún comentario:
Publicar un comentario