No 1º trimestre fixemos diversas actividades para elaborar:
Un Mural sobre o Camiño.
Recopilamos algunas novas sobre o Camiño de Santiago para iniciar unha choiva de ideas sobre o tema.
Visionado de vídeo sobre a orixe das peregrinacións a Compostela.
Lemos os libros Bo camino peregrino e O camino portugués da costa para coñecer os distintos camiños e
os símbolos típicos.
Con toda a información recompilada elaboramos o mural no que se inclúe: mapa da Península Ibérica cos
distintos camiños, pegrinos tradicionais e actuais así como os elementos básicos da súa vestimenta e un sobre de
tarxetas con preguntas e respostas.
DEBUXOS “COMO ME IMAXINO DE PEREGRINO”
Unha vez indagado sobre os distintos camiños e os elementos da vestimenta dos peregrinos, imaxinaron como
se verían eles de peregrinos e fixeron un debuxo a partir dunha fotografía súa, tamaño carné.
No segundo trimestre realizamos outros produtos:
PAUS DE CHUVIA
Elaboración de paus de chuvia con materiais reutilizados.
CARTEIS SOBRE OS 3R
Visionado de vídeo de da campaña Camino del reciclaje de Ecoembes
https://www.youtube.com/watch?v=beWqbPgWchU
Falamos das 3R e de xeitos de reutilizar materiais que irían parar ao lixo.
Fixemos carteis para concienciar sobre a necesidade de coidar o medio ambiente
Entre o 2º e 3º trimestre creamos:
UN LAPBOOK
Con todo o traballado ata o momento, elaboramos un lapbook individual no que se inclúe: mapa de Galicia
cos distintos camiños, elementos básicos da vestimenta dun peregrino actual e distintas lapelas con curiosidades
sobre o camiño.
Xa no 3º trimestre:
MAPA DOS CAMIÑOS FRANCÉS E PORTUGUÉS DA COSTA
Lectura e ubicación nun mapa de Península Ibérica das cidades polas que pasan o camiño francés e o portugués
da costa.
Nun mapa imos sinalando e etiquetando cada unha das cidades.
ILUSTRACIÓN DE LENDAS DO CAMIÑO
Lectura de diferentes lendas do Camiño de Santiago e localización dos sucesos nun mapa.
Debuxo colaborativo das lendas seleccionadas, en grupos de 3 e 4 persoas.
Aquí queda un vídeo coa memoria gráfica do traballado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario