domingo, 5 de xuño de 2022

PDI infantil

 

Os grupos  de Ed. Infantil  iniciaron a investigación do proxecto “Pasiño a pasiño, a Lomba no camiño” antes do entroido, empregando como actividade de motivación o disfraz da peregrina. Neste momento a investigación centrouse na indumentaria das peregrinas e peregrinos, uso e funcionalidade dos diferentes elementos.

PRODUTO--> Disfraz  (ANEXO E LOMBA)

ACTIVIDADES-->

  Visionado de imaxes e videos na búsqueda de información sobre a indumentaria

. Lectura de contos.

  - Elaboración de sombreiros, capas e cabazas.

  . Desfile de Entroido ata o parque da Xunqueira

 PUBLICIDADE--> A través da páxina web do cole chegou a compañeiros, familias e toda a                                 comunidade escolar en xeral.

 

PRODUTO--> Mapa (ANEXO)

ACTIVIDADES-->

 -Investigación sobre o espazo no mapa que compete ao camiño francés.

 -Lectura do conto “Bo camiño peregrino” (camiño francés) de Rena Ortega.

 -Recoñecemento visual de 4 monumentos que se atopan ao longo do camiño francés.

 -Creación dun mapa interactivo onde se explican estos catro monumentos.

 PUBLICIDADE--> AULA

 




Os Obxectivos traballados durante o 2º trimestre foron:

Ø  Descubrir emocións e sentimentos dos peregrinos e Identificar os símbolos do camiño: sinais, cuncha, cabaza,chapeu,caxato,faldriqueira…

Estamos en condicións de afirmar que o proxecto resultou atractivo, interesante e motivador para as nosas pequenas e pequenos.

Consideramos conseguidos os seguintes criterios de avaliación:

ü  Identificar os símbolos do Camiño e o seu significado.

ü  Recoñecer algúns sentimentos e emocións propios e  dos peregrinos.

 


 

No último trimestre do curso profundizamos noutros contidos: descubrimos que hai moitas peregrinas que van na búsqueda dun desexo que se cumprirá ao chegar a Santiago, que existen tamén outras motivacións para facer o camiño como relixiosas e de superación persoal ; a existencia de diferentes itinerarios,a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios e de adestramento, a ser  solidario e aprender a dar e recibir axuda cando se precise, a respectar o medio natural e por suposto a recoñecer a catedral de Santiago de Compostela.

Os obxectivos traballados durante o 3º trimestre foron: 

Ø  Coñecer a historia do Camiño de Santiago

Ø  Coñecer os diferentes itinerarios do Camiño.

Ø  Descubrir o patrimonio natural: relevo, fauna, flora dun tramo de percorrido.

Ø  Coñecer e identificar a Catedral de Santiago de Compostela e algún monumento e prazas significativas.

Ø  Aprender os valores do peregrino: solidaridade, respeto polo medio, etc

Ø  Coñecer e practicar hábitos saudables para ser un bo peregrino.

Ø  Localizar os camiños a través do uso de diferentes representacións gráficas:mapas, aplicacións...

Ø  Identificar aos peregrin@s así como a súa vestimenta característica.

Ø  Diferenciar e nomear os principais elementos arquitectónicos do camiño

Ø  Aproximarse á lectura e escritura a través da Galicia Máxica..

 A LOMBA 

PRODUTO--> MARCAPÁXINAS

ACTIVIDADES --> Lectura de contos, formulación de hipóteses sobre a utilidade e funcionalidade dos marcapáxinas.          .Elaboración dos mesmos

PUBLICIDADE--> Exposición na aula e familias

PRODUTO--> MURAL

ACTIVIDADES-->

. Visionado de imaxes e videos na búsqueda de información sobre a Hª, itinerarios, flora e fauna do camiño, hábitos saudables…

. Lectura de contos

             PUBLICIDADE--> Na cortiza da clase.

PRODUTO--> MESA DE LUZ 

ACTIVIDADES--> Presentación e identificación do mapa de España. Percorrido do camiño portugués e do primitivo.  Construcción da catedral.

PUBLICIDADE--> AULA

PRODUTO-->  SOLETA PARA BIBOT e traballo co mesmo

ACTIVIDADES-->  Elaboración da soleta entre todo o alumnado: pintado con témpera, adherir imaxes,et.  Dar as instruccións pertinentes ao noso bibot para chegar á catedral.

PUBLICIDADE-->  AULA

PRODUTO--> CADERNO INDIVIDUAL DE INVESTIGACIÓN:Códice Calixtino

ACTIVIDADES--> .Caderno de tarefas impresas sobre os aspectos traballados.

PUBLICIDADE-->  Na aula e ao final do trimestre compárteno coas familias xa que o levan para casa

PRODUTO--> BANDEXAS XACOBEAS

ACTIVIDADES--> Propostas relacionadas có Camiño de Santiago.Lectura, Escritura, lóxica Matemática, experimentación etc.

PUBLICIDADE--> Recunchos da aula.

PRODUTO--> LIBRO XACOBEO

ACTIVIDADES--> Dossier de tareas impresas e experiencias

PUBLICIDADE--> Aula

PRODUTO--> CRENDENCIAL

ACTIVIDADES--> Completamos a credencial con selos correspondentes a cada reto do proxecto e saídas realizadas.

PUBLICIDADE--> Aula e exterior.

PRODUTO--> MAPA E DOSSIER. GALICIA MÁXICA

ACTIVIDADES--> Creación do alfabeto a partir  dous elementos típicos de Galicia( A de auga, B de batea, Z de Zoco etc.) utilizando diferentes técnicas plásticas.

PUBLICIDADE--> Aula

 ANEXO

PRODUTO--> Entrega dunha COMPOSTELANA (cuncha de vieira) a chegada á catedral de Santiago de Compostela.

ACTIVIDADES-->

-Investigación en rede de qué se entregaba antiguamente aos peregrinos cando chegaban a Compostela.

- Decoración dunha concha (compostelana) e entrega dela á chegada á catedral de Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE--> Aula

PRODUTO--> PEQUENO CAMIÑO CARA A CATEDRAL

ACTIVIDADES-->

-Visita da peregrina Lourdes contándonos a súa experiencia como peregrina hacia Santiago.

-Investigación sobre a catedral de Santiago de Compostela nos libros da biblioteca do centro e na aula de informática a través dos ordenadores.

-Debuxo con acuarelas da fermosa catedral.

-Creación dun mapa da viaxe dende o cole ata á catedral.

 -Reflexión sobre qué temos que comer e levar para facer un pequeno tramo do camiño a través da lectura “Bo camiño peregrino” de Gracia Iglesias Lodares.

-Introdución ás normas para unha boa alimentación.

-Viaxe a Santiago de Compostela no que se inclúe unha visita ao Museo das peregrinacións.

PUBLICIDADE--> Aula.












































SOLETA E BIBOT




 

 ANEXO

  

 

 

 


AVALIACIÓN

Estamos en condicións de afirmar que o proxecto resultou atractivo, interesante e motivador para as nosas pequenas  peregrinas.

 Consideramos conseguidos os seguintes criterios de avaliación:

Ø  Coñecer o Camiño de Santiago.

Ø  Coñecer a existencia dos diferentes itinerarios do Camiño.

Ø  Identificar e valorar algún elemento da fauna, da flora, dos montes e ríos e dos monumentos do Camiño.

Ø  Recoñecer a catedral de Santiago de Compostela.

Ø  Identificar os símbolos do Camiño e o seu significado.

Ø  Tomar conciencia da importancia dunha alimentación equilibrada, da práctica do deporte e dun horario apropiado para o descanso.

Ø  Ser solidaria e respetuosa cos seus compañeiros e adultos, esfórzarse e manterse constante na consecución dos seus obxectivos.

Ø  Sitúa os camiños en mapas.

Ø  Distingue os elementos que forman parte da súa indumentaria.

Ø  Recoñece e distingue as principais construcións e elementos do camiño.

Ø  É quen de recoñecer algún símbolos e reproducilos graficamente.









xoves, 2 de xuño de 2022

Os de 1ºB aprendemos que é ese artefacto da biblioteca

Os de 1º B levaron unha grande sorpresa na biblioteca. Mariel, a coordinadora amosoulles que aquel aparello que estaba alí servía para imprimir, pero non en papel, ¡¡¡era capaz de facer cousas para ter na man, que eran duras e que antes non estaban naquela bandexa!!!

Miraron como podian facer que as pezas a imprimir cambiaran de tamaño, de posición, podíanselle engadir cousas... e finalmente levaron a clase unha pequena mostra. 

Xa están convencidos para deseñar eles figuras e que o "artefacto" aquel as imprima, porque parecer, parece maxia.

 

 

 

 

 

 

 

 

Bicos mollados.

Rosalía

luns, 30 de maio de 2022

Visita de Pere Tobaruela ao clube de lectura "Debullando contos"

 ¿A que parece incrible? Pois é certo. Hoxe tivemos a sorte de que o escritor Pere Tobaruela acompañase ao alumnado do colexio que forma parte do clube de lectura, sección narrativa. Como este ano entre outras lecturas, leron "FORMIG4S, Misión Camiño de Santiago" de Edicións Xerais, conseguimos que viñera dar unha pequena charla. Como podedes ver polas fotos, eu estiven moi atenta, así como o resto.


 Falamos dos diferentes personaxes protagonistas desta serie, e houbo catro rapaces/zas que saíron defender porque lles gustaba máis cada un deles. Averigüamos porque os protagonistas son formigas e todos son diferentes (como na vida mesma hai diferentes formigas e diferentes persoas). Tamén quedou claro que no cerebro temos neuronas, e que ler é un xeito boísimo de estimulalas, ver películas tamén, pero lendo usamos máis.

Ademais de nos contar cousas moi interesantes, os nosos debulladores fixeron unha chea de preguntas, como bos investigadores e investigadoras. Xa sabemos que escribiu máis de 60 libros, que escribe en catalán, (pois naceu en Barcelona), en castelán e máis en galego (eso xa o sabiamos), que ten obras de adultos e infantís, que leva escribindo e publicando máis de VINTE anos e ademais que entrena un equipo de fútbol feminino.

Para rematar foi tan riquiño, que asinou unha adicatoria a cada un de nós, e aos que tiñamos libros del, tamén nolos asinou e fixemos unha foto todos xuntiños.

Si é que ao final, ter pasado tantos recreos e horas na casa lendo os libros do clube de lectura, tivo recompensa, ¡¡non todo o mundo pode dicir que ten unha foto, un autógrafo e unha charla de Pere Tobaruela!! 😉

Bicos mollados.

Rosalía


luns, 9 de maio de 2022

Os máis peques fedellan coa mesa de Luz

 Os alumnos de 3 anos estiveron a xogar e máis a traballar o Camiño de Santiago coa mesa de luz. Pasárono fenomenal.



 


E o bibot conseguiu andar polo seu taboleiro. Mira que tiveron que pintar camiños!!! 


Bicos mollados.

Rosalía.

xoves, 5 de maio de 2022

3º B investiga sobre o espacio

 O alumnado de 3º B investigou sobre o espacio cos libros da biblioteca e outros que trouxeron da casa.  Quedaron ben contentos e sobre todo, agora saben moito máis de todos os planetas.

Bicos mollados.

Rosalía


martes, 3 de maio de 2022

Que de cociñeiros/as hai no colexio!!

 O alumnado de 6º A adica moitos días á creatividade e a encher barrigas propias e alleas, pois comparten os produtos elaborados. (xa sei que as ras comemos insectos, pero eu son unha ra moi especial e como de todo🐸)

Un día foron canapés fríos, preparando guacamole e hummus para a montaxe. Outro día postres con bolitas de coco e trufas.

¡Deixovos as fotos para que vexades o artistas que son!





Bicos mollados e saborosos😋

Rosalía



domingo, 24 de abril de 2022

"Os tres Porquiños" polo voluntariado no Día do Libro

¡¡ Olaaa!!

Cumprindo o prometido aí tedes o vídeo que montei coas distintas fotos das actuacións dos Voluntarios da Biblioteca coma se fora unha actuación soa. Non é que me quedara perfecto, a fin de contas son unha ra, pero cada día tento facelo mellor.

A verdade é que temos que lles agradecer todo o traballiño que pasaron e sobre todo o ben que o pasamos mirando o espectáculo. A casiña do porquiño maior mesmamente parecía de verdade, de feito é tan grande que non nos cabía pola porta para levala á biblioteca, por iso a actuación foi nun dos recunchos de lectura que está no segundo andar.


¡¡Graciñas de novo a estes artistas!!
Bicos Mollados.
Rosalía

sábado, 23 de abril de 2022

Día Mundial do Libro, 23 abril 2022

 Bo día a todo o mundo📗📘📙📚📚


Realmente o Día do Libro é hoxe, pero coma é sábado, no colexio celebrámolo onte cunha chea de actividades.

Despois de que puxéramos no colexio as fotos que nos mandastes ao correo, houbo xente á que lle entrou o gustiño, e que decidiu facer unhas fotos para  completar o reto. Temos un vídeo con todas elas, para que poidades velas, porque entre outras cousas, o trasno das tecnoloxías gastounos unha pequena broma, e a foto que Manuela Maceira de 1ºC mandara para colaborar nesta proposta, perdeuse pola rede. Menos mal que Manuela preguntou pola foto e puidemos arranxalo. A foto de portada do vídeo é a dela, ¿a que sería unha mágoa que non a puideramos ver?




A todos aqueles que mandaron as fotos no prazo, o venres recibiron un pequeno agasallo coma agradecemento, agás Roi de 2ºB que estaba maliño na casa e Manuela de 1ºC que estaba a foto perdida. Non vos preocupedes, que tamén ides levar o agasallo.

Fixemos lecturas compartidas, dalgunhas clases foron ler a outras e podo dicir que o fixeron moi ben, atendían máis aos compañeiros/as doutros cursos que aos mestres/as😂😂


Fixemos marcapáxinas coa temático do noso PDI "Pasiño a pasiño, A Lomba no Camiño" e no infantil do Anexo, tamén fixeron unhas gafas de lectura, xa se sabe que a estas idades a presbicia ataca duramente😅


Os voluntarios da biblioteca de 6ºA estiveron todo o curso preparando unha representación dos "Tres Porquiños", lendo varias versións, construíndo as casas, escribindo o guión, ensaiando e por fín, onte, representando a obra para o alumnado de infantil e 1º ciclo da Lomba. ¡¡¡Estiveron fabulosos!!!

Mañá publicaremos a montaxe de tódalas fotos, porque pasaron media mañá representando a obra, de infantil a segundo, era só para infantil, pero colleron impulso e ... ¡¡Que voluntarios/as  máis riquiños!!

Bicos mollados.

Rosalía.

xoves, 21 de abril de 2022

Visita aos museos da Coruña do alumnado de 5ºC

 

Coa visita do alumnado de 5ºC hoxe a Coruña, dentro da semana adicada ao libro, cumpríronse varios obxectivos: Por unha banda as visitas aos diferentes museos da cidade, onde a lectura, como non, tivo unha parte moi grande e moi ilustrativa, como puideron comprobar na escaleira feita de libros no planetario, xogos de lectura adicados á xenética, lecturas dos paneis informativos... Por outra banda, coñecer outra cidade diferente á nosa, e as súas riquezas patrimoniais materiais, coma é a Torre de Hércules e as inmateriais, a lenda coa que Roque, nese precioso marco, tivo a ben compartir. Alí non o gravaron, pero quedaron tan contentos co que escoitaran, que lle pediron que o gravara na súa casa para poder compartilo con todo o centro, pois as lendas e a tradición oral foron os precursores das lecturas e non o debemos esquecer.

 






 Bicos Mollados.
Rosalía

¡¡Aquí están as vosas fotos!!

 Moitas gracias a todos/as os que participástes nesta proposta do Bookface, ata eu me animei.















 
Bicos mollados.
Rosalía



martes, 5 de abril de 2022

Propostas para o Día do libro

 Olaaa!!!

Á volta das vacacións de Semana Santa, imos celebrar no colexio o Día do Libro📚, pero coma este ano, o 23 de abril cadra en sábado, faremos varias actividades nesa semana curta. 

Para a primeira, precisamos da vosa colaboración. Queremos adornar o centro coas vosas fotos, pero non unhas fotos calquera, non, queremos que usedes os libros coma parte desas fotos, "bookface" chámase este tipo de montaxes como as que vedes nas fotografías de abaixo, onde varios mestres xa fixemos as nosas versións. Cun pouco de imaxinación veredes que non é tan complicado😉😉 Unhas risas si que se botan, para que mentirvos😂 Ata estou eu pensando se facer algunha...😛

 Unha vez feita a fotografía, que nas vacacións teredes moito tempo, enviádeas ao correo biblioteca.rosalia@gmail.com Tedes de prazo ata o martes 19 ás 12:00 Non esquezades poñer de que curso sodes e o voso nome ¡¡Agardo con moita ilusión as vosas fotos!!





E ide pensando tamén nun libro que vos guste moito, moitísimo e que pensedes que paga a pena lelo, para así o venres 22 traelo a aula, e contarlle aos vosos compañeiros e compañeiras de que vai e por que vos gusta tanto.

Bicos mollados.

Rosalía


luns, 4 de abril de 2022

Xa recolleron as pilas

Esta mañá xa viñeron dende PILABOT recoller todas as pilas que xuntamos das vosas casas. ¿A que non sabedes cantos quilos sumamos entre todos?  

¡¡¡243.90 quilos!!!!  

Gañar non sei se gañaremos, pero que evitamos que se contamine moitísimo podemos telo ben claro, e iso si, o medioambiente xa gañou coa nosa participación.


Lembrade que aínda que a campaña rematara, non quere dicir que agora poidamos tiralas ao lixo, non ho! hai contedores polo concello adiante, en varios supermercados, e coma seguro que para o ano volveremos participar, podedes gardar as caixiñas e ir enchéndoas na casa.

Bicos mollados.

Rosalía